Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.455

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de febreiro de 2002 pola que se convocan para elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000 de acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.

Por Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo), convocouse proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, sendo nomeados como funcionarios en prácticas a través da Resolución do 4 de outubro de 2001 (DOG nº 197, do 10 de outubro).

Unha vez publicados polo correspondente tribunal os resultados obtidos no curso selectivo, e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso selectivo accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre para o acceso

ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, para a elección de destino definitivo, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas s/n, en Santiago de Compostela, o día 19 de febreiro ás 12 horas, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan no anexo desta orde, sempre que reúnan as condicións esixidas nel.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación de postos de traballo vacantes do corpo de xestión

de Administración da Xunta de Galicia. Escala técnica de finanzas.

Grupo B

Especialidade: técnica de inspección financeira e tributaria

Código do postoDenominaciónNivelConselleríaCentro de destinoConcello

1EFC991000027001049Subinspector tributario24Economía e FacendaDelegación territorialLugo

Especialidade: técnica de xestión tributaria

Código do postoDenominaciónNivelConselleríaCentro de destinoConcello

2EFC040000015770023X. Sección Seguimento e Control Zonas de Recadación25Economía e FacendaD. X. TributosSantiago de Compostela

3EFC991000032001084X. Sección Recadación Voluntaria24Economía e FacendaDelegación territorialOurense

4EFC991000036001040X. Sección Información ó Contribuínte24Economía e FacendaDelegación territorialPontevedra

5EFC991000036001041X. Sección Transmisións Patrimoniais e Axd.24Economía e FacendaDelegación territorialPontevedra

6EFC992000036560046X. Sección Información ó Contribuínte24Economía e FacendaDelegación territorialVigo

Especialidade: técnica de contabilidade e intervención.

Código do postoDenominaciónNivelConselleríaCentro de destinoConcello

7EFC030000415770009X. Sección Contabilidade25Economía e FacendaSubdirección Xeral de Control Financeiro de Sociedades Públicas AutonómicasSantiago de Compostela

8EFC030000415770015X. Sección Procedementos de Contratación25Economía e FacendaSubdirección Xeral de Control Financeiro de Sociedades Públicas AutonómicasSantiago de Compostela

9EFC030000515770009X. Sección de Coordinación25Economía e FacendaSubdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de ContasSantiago de Compostela

Código do postoDenominaciónNivelConselleríaCentro de destinoConcello

10EFC030000615770007X. Sección de Fiscalización25Economía e FacendaIntervención Delegada Cª PresidenciaSantiago de Compostela

11EFC030000815770011X. Sección de Contabilidade25Economía e FacendaIntervención Delegada CPTOPVSantiago de Compostela

12EFC030001915770005X. Sección de Contabilidade25Economía e FacendaIntervención Delegada do SergasSantiago de Compostela

13EFC030002015770007X. Sección de Fiscalización25Economía e FacendaIntervención Delegada de Administración InstitucionalSantiago de Compostela

14EFC991000015001155X. Sección de Contabilidade de Gastos de OO.AA.24Economía e FacendaDelegación territorialA Coruña