Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.440

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 1 de febreiro de 2002 pola que se dispón o nomeamento do vocal en representación da Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar da UGT (FNTCM-UGT) de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o presente acordo.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación

dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades ou organismos representados no consello de administración, polo que, vista a proposta de nomeamento realizada ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, pola Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar da UGT de Galicia (FNTCM-UGT) en canto que organización sindical máis representativa do porto, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento de Ignacio Pérez Calzado como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar da UGT de Galicia (FNTCM-UGT).

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda