Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.439

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 1 de febreiro de 2002 pola que cesa o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

A Orde do 2 de febreiro de 1976, do Ministerio de Agricultura, aprobou o regulamento da D. O. Ribeiro e do seu consello regulador, amparando a producción dos viños de calidade desta comarca vitivinícola, do xeito e condicións que determina o seu regulamento particular.

A competencia para efectuar nomeamentos e destitucións dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, ó conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, unha vez asumidas as funcións na materia, de acordo coa competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento, por pedimento propio de Ángel González Pérez nas súas funcións como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, agradecéndolle os servicios prestados no exercicio do seu cargo, para o que foi nomeado por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 4 de maio de 1998.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA