Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.428

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DE PATEIRAS (AMES)

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola asemblea xeral da xunta de compensación do polígono único do sector do solo apto para urbanizar de Pateiras, en sesión do 25 de xaneiro de 2002, o proxecto de compensación do devandito polígono, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir da data de publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co disposto no artigo 133.8º en relación co artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Ames, 25 de xaneiro de 2002.

Carlos Abal Lourido

Secretario da xunta de compensación