Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2001 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No BOP de Pontevedra número 243, do 19 de decembro de 2001, publícanse integramente as

bases para a provisión en propiedade das prazas vacantes no cadro de persoal deste concello que a continuación se citan:

Funcionarios de carreira

Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa.

Número de vacantes: 2.

Denominación: administrativo.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Persoal laboral

Denominación do posto: asistente social.

Número de vacantes: 1.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Denominación do posto: encargado de Protección Civil e servicios varios.

Número de postos: 1.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Denominación do posto: conductor-operarios de servicios varios.

Número de vacantes: 1.

Sistema de selección: concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado, significando que os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello.

Forcarei, 21 de decembro de 2001.

David Raposeiras Correa

Alcalde