A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n, 15706, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.
2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.
b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.
3.a) Lugar de entrega: no almacén de subministracións, planta 4 do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de válvulas, estructurada en sete lotes: ver punto 9.2 da folla de especificacións.
Importe: 519.575 euros (86.450.008 pesetas).
Duración: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002. Antes da súa finalización, este contrato poderá prorrogarse nos termos que prevé a cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 1-3-2002.
c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.
6.a) Data límite de recepción de propostas: 7-3-2002.
En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.
7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do oitavo día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
8. Garantías esixidas:
Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 10.391,50 euros (1.729.000 pesetas).
Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación: 20.783 euros (3.458.000 pesetas).
Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas, facturadas e conformadas.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.
12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.
14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.
15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.
17. Data de envío do anuncio: 14-1-2002.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.
Jordi Riba i Hibernón
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela