De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).
Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Pontevedra, r\ Palma, 4, Vigo.
Nº de expediente: PESAN1 1999/001152-5.
Denunciado: Fernando Lameiro García.
DNI: 52495075.
Enderezo: Calvo Sotelo, 78, Marín.
Precepto infrinxido: 6.13º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 112.649 pesetas/677,03 euros.
Resolución: desestimatoria, confirmando a resolución.
De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.
Pontevedra, 10 de xaneiro de 2002.
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Pontevedra