Faise público o extravío do comprobante de depósito provisional en metálico nº 350/01 de data 16 de marzo de 2001, polo importe de euros 1.923,24 e pesetas 320.000, garantindo á empresa Jones Lang Lasalle España, S.A.
Requírese a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse o citado comprobante, para que nun prazo de dous meses, o presente na Subdirección Xeral do Tesouro, sita en el edificio administrativo nº 3 de San Caetano en Santiago de Compostela.
Transcorrido o citado prazo a partir da data de publicación deste anuncio sen que tivese lugar a súa presentación, procederase sen máis trámite á expedición dun duplicado, con declaración nese mesmo acto da anulación do orixinal extraviado, que non poderá producir ningún efecto ante a Administración nin ante terceiros.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2002.
Carlos Barrada Rodríguez
Subdirector xeral do Tesouro
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA