Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.306

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (173/1999).

Pilar Millán Mon, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número sete de Pontevedra, dou fe que neste xulgado e baixo o número 173/1999 se seguen autos de modificación de medidas por instancia de Rodolfo Francisco Ramallo Rodríguez, representado polo procurador José M. Domínguez Lino, fronte a Rosa María Fernández Durán, en situación de rebeldía procesual e fronte ó Ministerio Fiscal; nos citados autos con data 19 de novembro de 2001 dictouse sentencia, que ten como decisión literal o seguinte: que estimo a demanda deducida pola representación procesual de Rodolfo Francisco Ramallo Rodríguez e en consecuencia declaro a reducción da pensión alimenticia establecida a favor dos fillos habidos do matrimonio formado con Rosa María Fernández Durán, á suma de vinte mil pesetas mensuais, actualizadas con efectos do primeiro de xaneiro de cada ano de acordo coa porcentaxe de variación experimentada polo índice xeral de prezos ó consumo, establecido polo Instituto Nacional de Estatística,

nas mesmas condicións establecidas na sentencia de separación; todo iso sen especial pronunciamento en materia de custas.

Así o acorda, manda e asina Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra.

E para que sirva de notificación a Rosa María Fernández Durán, actualmente en ignorado paradoiro, asino o presente edicto en Pontevedra o 20 de novembro de 2001.

A secretaria

Rubricado