A Comisión Municipal de Goberno en sesión do 15 de xaneiro de 2002 acordou a contratación mediante concurso, con procedemento aberto, da explotación do servicio de café bar no Centro Social de Palmeiro.
Cadro de características do contrato:
1. Obxecto do contrato: contratación mediante concurso da explotación do servicio de café bar do Centro Social de Palmeiro, dependente do Concello de Xove.
2. Tipo de licitación: non se fixa; subvención máxima a percibir durante o período de vixencia da concesión: 3.006 A ó ano.
3. Partida: 422.
4. Duración do contrato: 1 ano, prorrogable.
5. Clasificación do contratista: non se esixe.
6. Lugar de presentación das proposicións: rexistro xeral do Concello de Xove (camiño Real, s/n, Xove).
7. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais.
8. Fianza provisional: 60,12 A.
9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.
10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios e periodicidade semestral.
11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas mediante concurso para a explotación do servicio de café bar dos centros sociais municipais, adaptado ó vixente texto refundido de la LCAP.
Xove, 23 de xaneiro de 2002.
Jesús López González
Alcalde
Manuel Díaz Sánchez
Secretario