Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión do 27 de decembro de 2001 acordou a aprobación do prego de condicións e a licitación da contratación mediante concurso con procedemento aberto, para o contrato de subministración coas características que se indican seguidamente:

Cadro de características do contrato:

1. Obxecto: subministración de máquina fotocopiadora.

2. Tipo de licitación: 23.006,74 euros (IVE incluído), incluíndo propiedade intelectual e tódolos custos de posta á disposición e entrega.

3. Partida: 5.68.

4. Prazo de entrega: 30 días desde a adxudicación.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Xove-Lugo), facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais desde a publicación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

8. Fianza provisional: 460,13 euros.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: subministración financiado cos fondos propios, prevéndose o pagamento parcial con entrega de fotocopiadora municipal, con valoración de 6.971,74 euros.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de condicións.

Xove, 7 de xaneiro de 2002.

Secundino Vázquez Fra

Alcalde accidental

Manuel Díaz Sánchez

Secretario