Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (227/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria, do día 11 de xaneiro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Rexeitar integramente as alegacións presentadas por José Varela García (no seu nome e no da comunidade hereditaria que representa) e outros con base nos informes do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística do 2 de novembro de 2001, informe técnico, e 13 de decembro de 2001, informe xurídico, que se trasladarán ós interesados para os efectos de motivación. E

2. Aprobar definitivamente o estudio de detalle da zona 2 do SU 2 do PXOU de Ourense (Rabo de Galo), a instancia de Fernando Copa Martínez, en representación da comisión xestora para o desenvolvemento do dito ámbito de xestión urbanística, hoxe constituída en xunta de compensación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 18 de xaneiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente