Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (60/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, do día 8 de novembro de 2001, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente as alegacións presentadas por Ramona Gómez Álvarez e Xosé Conde Filgueira, con base no informe emitido polo Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística o 7 de novembro de 2001.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de reparcelación de predios na zona 6 do SU-6, por instancia de Basilio Martínez Serodio en representación de Xardín das Burgas, S.A.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 7 de xaneiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente