Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Punago. (Expediente 070-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. con domicilio para efectos de notificacións en r/ Castiñeiriño, nº 12-3º 15702 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Punago; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 26 de setembro de 2000, Concepción Cánovas del Castillo, en nome e representación de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Punago, de 30,36 MW e, posteriormente, con data do 28 de decembro do mesmo ano, a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do mesmo, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía

eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-No 31 de maio de 2001 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

XY

PunagoCastroverde, Baleira e PolV0.637.660,204.773.407,90
(Lugo)V0.638.744,404.773.835,90
V0.641.582,204.763.944,50
V0.640.658,904.736.612,70

Nº de aeroxeradores: 46.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: MADE AE-64/I.

Potencia total instalada: 30,36 MW.

Producción anual estimada: 78.056 MWh/ano.

Investimento previsto: 19.087.582,90 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-46 aeroxeradores tipo MADE AE-46/1 de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-46 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre do aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Punago, composta por un transformador principal 30/132 kV de 27/32 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, mediante resolución do 4 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, publicada no DOG do 20 de xuño, no xornal La Voz de Galicia, do 20 de xuño, xornal El Progreso do 20 de xuño, no BOE do 20 de xuño, no BOP de Lugo do 21 de xuño de 2001, e no taboleiro de anuncios dos concellos de Castroverde, Baleiro e Pol.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Josefa Gallego Fórneas e Concepción Gallego Fórneas solicitan que a expropiación se faga extensible á totalidade dos predios afectados, por resultar antieconómica a conservación da parte dos predios non expropiados.

2. Primo Isidro Valcarce González, reivindica a propiedade das parcelas 313-1 e 313-2, ó parecer afectadas polo proxecto do parque eólico, e as parcelas 299 e 307, non afectadas polo dito proxecto, todas elas do polígono 5 da concentración parcelaria da parroquia de Montecubeiro (Castroverde).

3. Ramón García Arias; Benito Álvarez Fernández; José Portela Fernández; Dolores Carballedo Otero;

Hrdos. Manuel Pillado Rico; César Pereira Valiño solicitan unha serie de información e documentación relativa ó expediente administrativo do parque.

4. José González Gallego; Donino Freire Iglesias; Avelina Álvarez Chantres; Hortensia Seco; Alfredo Prieto González; Benito Álvarez Fernández; Julio Freire Paz; Víctor Fernández Fuentes (rpte. hrdos. Pedro Fuentes Río); César Pereira Valiño; Virgilio López Veiga; José Val Pillado; Ábel López López; Julia Parajes Candal; José Portela Fernández; Rogelio Campos Cortón; María Antonia Díaz Casal; reivindican a necesidade dun estudio ambiental, así como os posibles problemas xurídicos que poidan xurdir debido ó actual proceso de concentración parcelaria na parroquia de Montecubeiro, solicitando a suspensión da execución da instalación, ata que a dita concentración parcelaria finalice.

5. Jesús Trabada Millares e outros alegan un erro na delimitación dos montes da Braña, solicitando que se modifique a liña divisoria deles, conforme consta na acta de protocolización á que fan referencia.

6. José Manuel Calderón González alega un erro na titularidade da parcela 289, que na relación de bens e dereitos afectados figura como titular descoñecido, sendo o alegante o titular dela.

7. Manuel Pin Fernández solicita que se lle faciliten os datos necesarios para a identificación da parcela da súa propiedade, xa que non se corresponde o nº de parcela que figura no rexistro co que figura nos planos de repartición de propiedades que foi feito no seu momento.

8. Bonifacio Saavedra Días solicita que se inclúa a parcela da súa propiedade na relación de bens e dereitos afectos polo parque.

9. Ramón Mª García Arias, en nome e representación de Daniel Graña Rico e Mª Luz Graña Sobrado, solicita a nulidade de pleno dereito do procedemento expropiatorio con base en:

-As parcelas das súas representadas atópanse afectadas desde 1990 pola concentración parcelaria de Montecubeiro.

-A empresa non se puxo en contacto coas súas representadas.

-Conflicto de competencias entre a Consellería de Industria e Comercio e a Consellería de Agricultura, Ganadería e Política Agroalimentaria.

-Tal e como se atopa o procedemento de concentración, a relación de bens e dereitos presentada non reflicte a situación actual e futura das parcelas afectadas.

-Na relación de bens e dereitos publicada só se recollen catro parcelas: nº 282, 283, 295 e 296; das oito que posúen no denominado Monte de Maceda, sendo a lonxitude total da testa das mesmas 600 m e reclamando unha zona de protección eólica mínimo de 70 m.

-O acordo polo que se declara a urxente ocupación dos bens afectados deberá estar debidamente motivado, de acordo co establecido no artigo 56 do Regulamento de LEF.

Cuarto.-No 18 de decembro de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, e o Decreto 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Se deu traslado á empresa promotora das distintas solicitudes de documentación complementaria formulada polos alegantes e esta tomou razón delas, procedendo ó seu envío.

2. En canto ós posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón delas. Non obstante, será durante o levantamento de actas, ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. A Delegación Provincial de Industria de Lugo facilitou toda a documentación e información solicitada polos alegantes.

4. Con respecto ás alegacións presentadas por José González Gallego; Donino Freire Iglesias e outros, cabe dicir por un lado, que o estudio ambiental foi debidamente considerado na declaración de impacto ambiental do parque e, por outro, que a solicitude de suspensión do procedemento como consecuencia dun proceso parcelario non está apoiada en ningún precepto legal, sendo completamente independente do procedemento de autorización do parque.

5. Con respecto á solicitude de expropiación total formulada por Josefa Gallego Fórneas, esta será tida en conta cando se proceda á declaración de utilidade pública da instalación.

6. En relación á alegación presentada por Ramón García Arias, cabe dici-lo seguinte:

-O procedemento expropiatorio é independente da concentración parcelaria na que se atopan inmersas as parcelas afectadas, en todo caso, o primeiro se iniciará a partir da declaración de utilidade pública do parque, non sendo obxecto nesta fase do expediente.

-Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

-A relación de bens e dereitos foi debidamente presentada pola promotora, independentemente de que posteriormente, e por causas alleas a esta, puidesen ser obxecto de concentración, reparcelación ou outro tipo de actuación futura.

-A titularidade será xustificada de acordo co plano parcelario que acompaña o expediente.

-Por último, a declaración de utilidade pública faise en virtude dos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico.

As alegacións ambientais foron remitidas ó organo ambiental e contempladas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os tramites procedimentais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Punago, para unha potencia de 30,36 MW, que se situará nos concellos de Castroverde, Baleiro e Pol, na provincia de Lugo.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo o anterior faise de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 381.751,65 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, número 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 19.087.582,90 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa da Dirección xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento das condicións impostas nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 18 de decembro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL