Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.241

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 22 de xaneiro de 2002 pola que se conceden os premios, na modalidade de xoguetes e maquetas con movemento que non sexa electrónico, para o fomento da recolla de pilas usadas en Galicia.

Por Orde do 15 de maio de 2001 (publicada no Diario Oficial de Galicia nº 101, do 26 de maio) foron convocados varios concursos para o fomento da recolla de pilas usadas en Galicia.

No artigo 1 alínea a) da citada orde convócase o concurso de xoguetes e maquetas con movemento que non sexa electrónico, dirixido ós alumnos do segundo ciclo e ESO, bacharelato, COU, segundo grao de FP e ciclos formativos de grao medio e superior de tódolos centros docentes de ensinanzas non universitarias da Comunidade Autónoma.

Polo tanto, en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía e do Decreto 482/1997, do 26 de decembro,

RESOLVO:

Artigo 1º

De acordo co disposto na Orde do 15 de maio de 2001, concédense os premios que se relacionan no anexo á presente orde.

Artigo 2º

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación e será comunicado persoalmente ós premiados.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2002.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Primeiro premio.

Colexio: IES Ánxel Casal Monte Alto.

Alumnos: Ana Chenciño Castro, Soraya Sánchez Villaverde, Romina Oubiña Iglesias, Lorena Maceiras Pereira.

Premio: 2.404,05 euros, 400.000 pesetas.

Provincia: Pontevedra.

Primeiro premio.

Colexio: IES San Xenxo.

Alumnos: Ana Mª Núñez López, Leroy Núñez Aguín, Lorena Casas Leiro, Rebeca Leiro Castro.

Premio: 2.404,05 euros, 400.000 pesetas.

Provincia: Pontevedra.

Segundo premio.

Colexio: Colexio Vigo.

Alumnos: José Antonio Álvarez Queimaliños, Jacobo Pérez Fontán.

Premio: 601,01 euros, 100.000 pesetas.