Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio da Deputación Provincial da Coruña.

Visto o expediente do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio da Deputación da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-12-2001, subscrito en representación da parte económica pola Corporación, e da parte social, polos representantes sindicais de UGT, CIG e CC.OO. o día 13-7-2001, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, segundo a redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do extracto da acta na que figura o dito acordo, que se reproduce a seguir:

«Na Deputación Provincial ás 9.30 horas do día 13 de xullo de 2001 reúnese a mesa xeral de negociación do persoal funcionario.

Preside: Dositeo Rodríguez Rodríguez, vicepresidente segundo da Corporación.

Concorren como representantes sindicais:

Enrique Fernández Maceira (UGT), Alberto Cadaveira Mahia (CIG), Pedro González Pérez (CC.OO.).

Actúa de secretaria: Ana Marcos García, xefa do Servicio de Persoal.

5. Anticipos de paga:

Acórdase modifica-lo nº 2 do artigo 26 do Acordo Negociado de Funcionarios, o tope máximo destes é de 1.000.000 de pesetas.

Ás 11.30 horas do día ó principio sinalado levántase a sesión».

A Coruña, 10 de xaneiro de 2002.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña