Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.233

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 12/2002, do 10 de xaneiro, polo que se delimita o contorno de protección das Torres de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Desde a entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, teñen a consideración de bens de interese cultural os bens do Decreto do 22 de abril de 1949, sobre protección dos castelos españois, entre os que se atopa As Torres de Mens, por resolución da Dirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico, do Ministerio de Cultura do 17 de outubro de 1994.

En virtude do establecido pola Lei de patrimonio histórico español, e pola Lei do patrimonio cultural de Galicia, cómpre concreta-la delimitación do seu contorno.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 25 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 29 de maio), incoou expediente de delimitación do contorno de protección das Torres de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declara-la delimitación do contorno de protección das Torres de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Artigo 2º

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación escrita contida no anexo I, e no plano recollido no anexo II.

Artigo 3º

Este decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó Concello de Malpica de Bergantiños e ós demais interesados no expediente.

Artigo 4º

Este decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil dous

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

Perímetro interior de protección integral:

Comprende as parcelas nº 788-789, 944, 949, 950, 951, 952, 953, 954, 955, 956 e 957-958 do polígono catastral nº 23.

Perímetro exterior:

Comeza no punto A, situado na estrada Malpica-Ponteceso, xunto ó vértice SO da parcela nº 683 do polígono catastral 23, aproximadamente a 400 metros do acceso ás torres.

A-B Treito de estrada Malpica-Ponteceso, uns 120 metros en dirección ó núcleo de Mens, ata un desvío á esquerda que conduce á igrexa parroquial.

B-C Pista asfaltada que conduce á igrexa parroquial e continúa ata pasa-lo cemiterio.

C-D Liña quebrada coincidente coa estrema SO da parcela nº 1.144 para continuar pola estrema NO da parcela nº 1.654 (polígono catastral 22) e saír á pista asfaltada que conduce á estrada xeral.

D-E Liña quebrada coincidente coas estremas NO da parcela nº 1.137, estremas NE das parcelas nº 1.137 e 1.138, estremas O das parcelas nº 1.782, 1.783, 1.784, 1.786, 1.787, 1.788, 1.789, 1.794, 1.795 e 1.796, estremas N das parcelas nº 1.796, 1.793 e 1.821 (do polígono catastral 22) ata saír á estrada xeral, quedando tódalas parcelas incluídas na delimitación.

E-F Treito da estrada Malpica-Ponteceso, uns 70 metros en dirección a Malpica ata o vértice N da parcela nº 729 do polígono catastral 23.

F-G Liña quebrada coincidente coa estrema N desta parcela, estremas E das parcelas nº 729, 730, 731 e parte da 732, estremas N das parcelas nº 748 e 388 (do polígono catastral 23) para saír á pista asfaltada que conduce á estrada xeral, quedando tódalas parcelas incluídas na delimitación.

G-H Treito desta pista, uns 70 metros en dirección contraria ó núcleo de Mens, ata o desvío que leva ó lugar das Casas Novas.

H-I Treito deste camiño ata chegar ó núcleo, xunto ó vértice E da parcela nº 418 do polígono catastral 23.

I-A Liña quebrada coincidente coas estremas SE das parcelas nº 418, 546, 545, 544, 543, 542, 541, 967 e 539, estrema S da parcela nº 539, estremas E das

parcelas nº 830, 829, 828 e 827, estrema S da parcela nº 827, estrema E da parcela nº 810 e estremas S das parcelas 810 e 683 (do polígono catastral 23) ata pecha-la delimitación, quedando tódalas parcelas incluídas.