Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto, da subministración de material de oficina e impresos para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 14773/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de material de oficina, papel de fotocopiadora e impresos para o Concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, tres.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 64.000 euros; lote 2: 16.830 euros e lote 3: 25.000 euros.

5. Garantía provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 22 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde