Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da obra de urbanización e ampliación da rúa Dr. Cadaval.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: Servicios Centrais da Xerencia.

c) Expediente: 123/407.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: obra de urbanización e ampliación da rúa Dr. Cadaval.

b) Prazo do contrato: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 63.808,40 euros (10.616.825 pesetas).

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: praza do Rei, s/n (fronte a casa do concello).

c) Localidade e código postal: Vigo 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax: 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar solvencia económica, financiera e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2000.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra o no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: a esixida na cláusula IX do prego de condicións técnicas e de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: véase punto 6 deste anuncio.

d) Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade, enderezo e localidade: véase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro mércores seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 22 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Presidente