Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.214

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2002 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións, a Antonino Santos del Riego.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 12 de marzo de 2001 (BOE do 4 de abril), para a provisión da praza número 01/004 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións desta universidade, a favor de Antonio Santos del Riego, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonino Santos del Riego profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións desta universidade.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña