Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.214

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 29 de novembro de 2001 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 248, do mércores, 26 de decembro de 2001, é necesario face-la siguinte corrección:

Na páxina 16.418, no apartado 5.1. onde di: «O tribunal encargado de efectua-la selección, que estará constituido por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado polo director xeral do CIXTEC. A súa composición farase pública por medio do correspondente anuncio no DOG». Debe dicir: «O tribunal encargado de efectu-la selección, que estará constituído por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado polo director xeral do CIXTEC, de acordo co previsto no artigo 11 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. A súa composición farase pública por medio do correspondente anuncio no DOG».