Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.140

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.

ANUNCIO de licitación.

1. Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Santiago de Compostela S.A. (Emuvissa). Rúa do Vilar, 67-2º. Santiago de Compostela. A Coruña. Teléfono: 981 48 26 76. Fax: 981 56 55 33.

2. a) Modalidade de adxudicación elexida: concurso por procedemento aberto.

b) Contido do contrato: execución das obras contidas no proxecto de urbanización -1ª fase- do 1º sector do Plan parcial industrial SUNP-37 Costa Vella, en Santiago de Compostela.

3. a) Lugar de execución: Santiago de Compostela. A Coruña.

b) Importe (con exclusión do impuesto sobre o valor engadido): 6.902.752,76 euros.

4. Prazo de execución das obras: 15 meses.

5. a) Nome e domicilio do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

6. a) Data límite recepción ofertas: ata as 14 horas do 27 de febreiro de 2002.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

c) Idioma(s): castelán, galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Apertura de ofertas: 12 horas do día 4 de marzo de 2002, no Concello de Santiago de Compostela. Praza do Obradoiro, s/n.

8. Garantías esixidas: garantía provisional: 160.143 euros.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista. Clasificación contratista:

Grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría f.

Grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Grupo G, subgrupo 4, categoría f.

Grupo I, subgrupo 5, categoría e.

13. Criterios de adxudicación do contrato: son os que se relacionan no artigo 20.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de remisión de anuncio de licitación ó Diario das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 22 de xaneiro de 2002.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Vicepresidente de Empresa Municipal da Vivenda

e Solo de Santiago de Compostela S.A.