Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: traballos de roza de maleza nas marxes da rede viaria provincial, da deputación provincial.

3. Orzamento de licitación: 414.210,24 euros.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, por lote, individualizado, ó que concorran, ou de se-lo caso, pola totalidade do orzamento de licitación, de facelo por todos eles.

6. Número total de lotes: quince.

7. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Presentación das ofertas: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

10. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

12. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 13, de data 16 de xaneiro de 2002.

Lugo, 21 de xaneiro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA, S.A.