Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia concurso aberto para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para instalación de subministración de combustible a embarcacións no porto de Rianxo. (Expediente 12-55-2002-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Planificación e Explotación.

c) Número do expediente: clave 12-55-2002-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

b) Lugar da concesión: Rianxo (A Coruña).

c) Prazo da concesión: quince (15) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento das obras.

Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 53 19.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=926

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do cuadraxésimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar da presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia