Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de restauración do areeiro Santa Mariña mediante depósito controlado de residuos da construcción e demolición, promovido por APEC (Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 5.2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta hábiles días o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental da restauración do areeiro Santa Mariña mediante depósito controlado de residuos da construcción e demolición en Outeiro de Rei.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental