Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 26 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación do 19 de outubro de 2001, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 2000/3309-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo ), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342B 2000/3309-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Crego Serv. Integrados e Distribución, S.L.

Enderezo: Praza do Seixo, 8-2º A-36740 Tomiño (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 19 de outubro de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinado o expediente de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Crego Serv. Integrados e Distribución, S.L. e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro: a solicitude foi presentada o 5-9-2000 e estimada na resolución con rexistro de saída nº 9971 do 5-4-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 400.000 pesetas pola contratación indefinida dun traballador.

Segundo: o pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro: o beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Certificados de estar ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

-TC1 e TC2, dos meses seguintes: xaneiro/01, xaneiro/00, maio/00 e setembro/00.

Cuarto: na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro: a competencia, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, corresponde a esta delegación provincial en virtude do artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo: o artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial con rexistro de saída nº 9971 do 5-4-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 400.000 pesetas pola contratación indefinida dun traballador.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 19 de outubro de 2001. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez.».

Os correspondentes expedientes están no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 26 de decembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra