Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.097

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xaneiro de 2002 pola que se nomea a Julio Astray Túñez vocal do padroado da fundación benéfica Manuel Ventura Figueroa.

Por orde desta consellería, do 2 de novembro de 1995 (DOG nº 213, do 7 de novembro), procedeuse á regulación, con carácter provisional, do padroado da fundación Manuel Ventura Figueroa, instituído no ano 1784 polos testamenteiros de Manuel Ventura Figueroa, patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castela.

Restablecida a actividade fundacional e con obxecto de conseguir unha maior funcionalidade para a consecución dos fins fundacionais, fíxose necesario proceder á modificación do padroado regulado pola citada Orde do 2 de novembro de 1995 e, en consecuencia, dictouse a Orde do 2 de novembro de 2001 (DOG nº 87, do 7 de maio) pola que se modifica a do 2 de novembro de 1995, pola que se nomea con carácter provisional o padroado da fundación.

No artigo único desta orde noméase con carácter provisional o padroado da fundación e correspóndelle á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a designación de tres vocais, dos que alomenos dous serán parentes do fundador.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Julio Astray Túñez, en grao de parentesco 2º con 8º co fundador, vocal do padroado da fundación benéfica Manuel Ventura Figueroa.

Disposición adicional

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública