Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de decembro de 2001, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación de inicio do expediente sancionador 27.077/01 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación de expediente 27.077/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 27.077/01.

Inculpado: Diamond Land, S.L. (1995).

Enderezo: r/ Armañá, nº 14 de Lugo.

Motivo: irregularidades campaña de rebaixas verán 2001.

Data do inicio: 30-11-2001.

Lugo, 19 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo