Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 28 de decembro de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Luis Puig Mosquera, avalada co visto e prace do presidente, Manuel Díaz Regueiro, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada en Santiago de Compostela o día 27 de outubro de 2001, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais