Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.076

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Oliva Rouco Rodríguez.

Na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/1430/2001 interposto por Oliva Rouco Rodríguez na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

A recorrente, aspirante da categoría de celador, pretende a modificación da listaxe de puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición publicado por Resolución do 20 de xullo de 2001 (DOG nº 147, do 31 de xullo).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan constituírse en parte na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA