Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.071

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 10/2002, do 10 de xaneiro, polo que se dispón a substitución de dous representantes do Consello Social da Universidade de Vigo.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do consello social da universidade e do consello universitario de Galicia, determinan o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a baixa de Juan Carlos Carpintero Sánchez e de Gonzalo Marino González como membros do Consello Social desa universidade en representación da Xunta de Goberno, sector estudiantes, e a súa substitución por Patricia Corbacho Suso e Rubén Garrido Bernárdez, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da mencionada Lei 5/1987, do 27 de maio, do consello social da universidade e do consello universitario de Galicia, os documentos preceptivos por parte dos novos membros designados de non incorrer en incompatibilidades.

Por todo iso, por instancia da Universidade de Vigo, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola

Lei 11/1998, do 20 de outubro e logo de da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como membros do Consello Social da Universidade de Vigo a Patricia Corbacho Suso e Rubén Garrido Bernárdez en representación da Xunta de Goberno. Estas persoas substitúen, respectivamente, e polo mesmo concepto, a Juan Carlos Carpintero Sánchez e Gonzalo Marino González, ós que se lles agradecen os servicios prestados.

Artigo 2º

Deste xeito, o Consello Social da Universidade de Vigo queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo:

Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade.

Margarita Estévez Toranzo, secretaria xeral da universidade.

Julio Taboada Pérez, xerente da universidade.

Pedro Merino Gómez, membro da xunta de goberno.

Pedro Membiela Iglesia, membro da xunta de goberno.

Luís Ortíz Torres, membro da xunta de goberno.

José Tojo Suárez, membro da xunta de goberno.

Patricia Corbacho Suso, membro da xunta de goberno.

Rubén Garrido Bernárdez, membro da xunta de goberno.

Luis Pérez Gómez, membro da xunta de goberno.

II) Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Manuel Bermúdez Couso.

Julio Bernardo Estévez Fernández.

Enrique Magdalena Vila.

José Bernardo López Abadín.

Antonio Pol González.

Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello Social.

José García Costas.

Ernesto Baltar Feijóo.

Alberto Iglesias Díaz.

Amador Vázquez Vázquez.

c) Designados polos sindicatos:

Juan Ignacio Pérez Méndez, por Comisións Obreiras de Galicia.

Santos Héctor Rodríguez Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

Guillermo Alonso Jáudenes.

Manuel Rodríguez de la Fuente.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA