Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de proposta de modificación das NN.SS. de Nigrán: cemiterio de Nigrán.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o 30 de novembro de 2001, aprobou con carácter inicial a proposta de modificación singular das normas subsidiarias de ordenación urbana do municipio de Nigrán, referida ó equipamento do cemiterio de Nigrán.

Por este anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións. Ó propio tempo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias nas áreas afectadas.

Nigrán, 18 de decembro de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde