Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión extraordinaria do 17-1-2002, o expediente de modificación da ordenanza nº 7, de solo rústico

apto do Plan Xeral de Ordenación Municipal e a creación dunha zona industrial no Monte Mirallos, redactado pola empresa OF.P.-90, S.L., e de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, computándose o dito período desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas interesadas poidan examina-lo seu contido nas oficinas xerais, e presenta-las alegacións ou observacións que estimen convenientes.

Moraña, 18 de xaneiro de 2002.

José A. Eiras Paz

Alcalde