Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.023

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002 pola que se designa secretario da comisión de selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 16 de novembro de 2001.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia nº 9, do 13 de xaneiro), e polo 319/1996, do 26 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 153, do 6 de outubro) polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes a participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un secretario, que deberá ser un funcionario destinado na Escola Galega de Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Manuel Braña Gutiérrez como secretario da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 16 de novembro de 2001.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública