Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.021

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A asunción polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de tódalas xestións en relación co depósito de fianzas legalmente establecidas nos supostos de arrendamento de vivendas e locais de negocios, en virtude da disposición transitoria segunda do Decreto 46/1999, do 11 de febreiro (DOG nº 42, do 2 de marzo), obrigou a este organismo a monta-la infraestructura administrativa necesaria para desenvolver estas actividades, o que se levou a cabo na modificación da relación de postos de traballo publicada no DOG nº 244, do 20 de novembro de 2000.

A necesidade posterior de potencia-los sectores das áreas provinciais do organismo na Coruña, Lugo e Ourense, que están a leva-la xestión das fianzas con base nas experiencias de todo este tempo e en función da carga de traballo xerada por esta nova función, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública