Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

A disposición adicional quinta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo (DOG nº 251, do 29 de decembro), no seu punto un crea a escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia, como corpo superior, grupo A, de Administración xeral da Xunta de Galicia, coas competencias propias da función docente, e no seu punto dous establece que os postos docentes do INEF de Galicia configurados como laborais na relación

de postos de traballo se transformarán en postos de persoal funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia.

Todo isto, así como a modificación puntual dalgúns postos do INEF e a Subdirección Xeral de Deportes, fan necesario modifica-la relación de postos de traballo da Secretaría Xeral para o Deporte.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dez de xaneiro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública