Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 971

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de corrección de erros da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Emalcsa.

Visto o texto da acta asinada o 15 de novembro de 2001 polo director-xerente de Emalcsa e o comité de empresa, na que se procede a corrixi-los erros observados na acta da reunión do 30 de agosto de 2001 entre aqueles, con motivo da sinatura do convenio colectivo da empresa Emalcsa e a táboa salarial que se lle xunta, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de decembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Corrección de erros da acta da reunión do día 30 de agosto de 2001 entre o director xerente e o comité de empresa.

Reunidos nas oficinas da empresa, o día 15 de novembro de 2001, os membros do comité de empresa, constituídos en comisión negociadora que a seguir se relacionan, Francisco López González, secretario do comité de empresa, Diego Vázquez Santamariña, Carlos Velo Miranda, David Ramos López, Emilio Cedeira Souto, José Vaamonde Blanco e José Antonio Orejón Pajares, director xerente da empresa, manifestan:

Que, examinada polas partes asinantes a acta da reunión do 30 de agosto de 2001, detectáronse os seguintes erros que se corrixen a seguir:

1. Artigo 19º.-Función e definición das categorías laborais.

19.1.2. Subgrupo II. Escala de administración.

Omitiuse a categoría.

A.3.3. Titulado grao superior.

2. Anexo I. Táboa salarial a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Substitúese a táboa salarial unida como anexo I á acta do 30 de agosto de 2001 pola que se xunta a esta corrección de erros.

E para a debida constancia de todo o convido, asínase esta corrección de erros da acta do 30 de agosto de 2001, no lugar e na data indicados.

Comité de empresaEmalcsa

Táboa salarial a partir do 1 de xaneiro de 2001

Niv.

retrib.

TécnicosAdministrativosAuxiliar oficinaOperariosSubalternosBase

mensual

1T.1.1. Director técnicoA.1.1. Director administrativo408.209

2T.2.1. Xefe de departamento. Titulado superiorA.2.1. Xefe de grupo. Titulado superior361.613

3T.2..2. Xefe de departamentoA.2.2. Xefe de grupo332.246

4T.3.1. Xefe de servicio con títuloA.3.1. Xefe de negociado con título302.550

5T.3.2. Xefe de servicio

T.3.3. Titulado superior

A.3.2. Xefe de negociado

A.3.3. Titulado superior

293.007

6T.3.4. Técnico de grao medioA.3.4. Titulado grao medio282.717

Niv.

retrib.

TécnicosAdministrativosAuxiliar oficinaOperariosSubalternosBase

mensual

7T.4.2. Delineante proxectistaA.4.1. Subxefe negociado

A.4.2. Analista informático

A.O.1.1. Encargado xeral de lectura

A.O.1.2. Encargado xeral de almacén.

255.084

8T.5.1. Técnico de primeira

T.5.2. Delineante

A.5.1. Ofic. 1ª administrativo

A.5.2. Programador informático de primeira

A.O.2.1. Inspector cobranza lecturaO.1.1. Encargado

O.1.2. Capataz

O.1.3. Montador

233.760

9A.O.2.2 Xestor cobranza lecturaO.2.1. Subcapataz

O.2.2. Inspector instalacións

209.565

10T.6.1. Técnico de segundaA.6.1. Oficial 2ª administrativo

A.6.2. Programador informático de segunda

O.3.1. Oficial 1ª operarioS.1.1. Conserxe202.306

11A.7.1. Auxiliar administrativo A.O. 3.1. Cobrador lector

A.O.3.2. Almaceneiro

A.O.3.3. Telefonista

O.4.1. Oficial 2ª operarioS.2.1. Ordenanza

S.2.2. Garda

188.972

12O.5.1.Oficial 3ª operario175.437

13O.6.1. Peón especialistaS.3.1. Limpadora167.583

14O.7.1. Peón163.010