Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a subministración de consumibles para informática, de impresos historias clínicas, de impresos xerais e de material de oficina (C. 21, 22, 24 e 25/2002).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Nº referencia expediente: C. 21/2002.

Obxecto: subministración de consumibles para informática.

Orzamento total: 187.566,40 A.

Garantía provisional: 3.751,33 A.

Nº referencia expediente: C. 22/2002.

Obxecto: subministración de impresos historias clínicas.

Orzamento total: 110.476,00 A.

Garantía provisional: 2.209,52 A.

Nº referencia expediente: C. 24/2002.

Obxecto: subministración de impresos xerais.

Orzamento total: 93.359,20 A.

Garantía provisional: 1.867,18 A.

Nº referencia expediente: C. 25/2002.

Obxecto: subministración de material de oficina.

Orzamento total: 139.298,00 A.

Garantía provisional: 2.785,96 A.

Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, de subministracións.

Prazo de execución: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña