Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de decembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolucións de expedientes de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularización (expediente 10 e 24/2001).

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo sinalado no anexo ás resolucións de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas por non destinar estas a domicilio habitual e permanente, rematando así os expedientes de desafiuzamento ó amparo do disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras

Pública e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 13 de decembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 10/2001.

Expedientado: Guillermo López Pita e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 1, P-2, 2º D, Esteiro (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 22).

Nº de expediente de desafiuzamento: 24/2001.

Expedientado: José Sande Vázquez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Alcale Quintanilla Martínez, bloque 6, P-4, 8º esq., polígono de Caranza (Ferrol).

(Expte. C-2-CD/68, conta 520).