Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de decembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica á interesada, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 70/2001.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle á interesada o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 70/2001, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria do expediente a Clara Gómez Ruíz e Carmen Pombo Chans, concedéndolle á interesada quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crea oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 10 de decembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 70/2001.

Obdulia Ramil Gregorio.

R/ Lope de Vega, bloque 15, escaleira 1-2º D. Oseiro-Arteixo.