Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de decembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica á interesada, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 42/2001.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícalle á interesada a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.c e 6.f da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 100.001 ptas., sen prexuízo da obrigación de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecida, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 10 de decembro 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 42/2001.

Herminia Fernández Costa.

Estrada de Sada a Armuño, bloque B, portal 6-3º esq. Sada.