Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infraccións na orde social que se citan.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), das cales o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida se citan a seguir:

Empresa e domicilio: Canalizaciones Pongal, S.L. R/ San Cristovo, 5-41, A Coruña.

NIF: B-15708613.

Nº exp.: 111/2001.

Contía: 50.001 pesetas (300,51 euros).

Disp. infrixida: artigos 14.1º, 14.3º Lei 31/1995. Artigo 11.1º a) R.D. 1627/1997.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser presentado este en tempo e forma, haberá de aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta de sancións nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 31 da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 22 de maio de 1987.

Lugo, 11 de decembro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo