Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Ramón, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 20 de xullo de 2001, Ramón Suárez Hermo solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Ramón.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Francisco Suárez Hermo (DNI: 35364425-Q) e Mª del Pilar Vázquez Rodríguez (DNI 76467117-Y) da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Ramón.
Ubicación:
Cuadrícula nº: 6.
Polígono: H.
Distrito: A Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 26-8-1980 (BOE/DOG nº 197, do 16 de agosto).
Remate da vixencia: 16-8-2010.
Actual titular:
Ramón Suárez Hermo (DNI: 33181986-R).
Novos titulares:
Francisco Suárez Hermo (DNI: 35364425-Q) e Mª del Pilar Vázquez Rodríguez (DNI 76467117-Y).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen presenta-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade
co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 3 de xaneiro de 2002.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS
LABORAIS