Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do vinte de decembro de dos mil un adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle do Plan parcial do Gatañal, promovido por Lanzamar S.A.C., de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que coide pertinente.

Cangas, 20 de decembro de 2001.

José E. Sotelo Villar

Alcalde