Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Cambre, na súa sesión de data 18 de outubro de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de parte do solo apto para urbanizar-baixa densidade 1 A Castellana, elaborado polos arquitectos Ángel Luis e Eduardo Monteoliva Díaz, e promovido por Antonio Moure Rama e outros.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte á última publicación deste anuncio e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte á última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

Cambre, 21 de novembro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde