Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Peña Forcada (proxecto modificado número 1). (Expediente 4/1999).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1-1º esq., 15004 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Peña Forcada (proxecto modificado nº 1); resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 27 de outubro de 1999, Luis María Añíbarro Iglesias, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Peña Forcada. Por consideracións técnicas solicita que se proceda a modifica-lo proxecto inicial, presentando o promotor o dito proxecto modificado o 27 de decembro de 2000, de 33,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto, na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e

o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-As características básicas do mencionado proxecto son:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Peña ForcadaCamariñasXY

496.0004.777.000

488.0004.777.000

484.0004.779.000

486.0004.782.000

496.0004.782.000

Nº de aeroxeradores: 26.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Xeradores: Bazán Bonus-1.300 kW.

Potencia total instalada: 33,8 MW.

Producción neta anual estimada: 89.570 MWh/ano.

Investimento previsto: 4.732.000.000 M/pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-26 aeroxeradores de 1.300 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 68 m de altura e rotores de 3 pas de 62 m de diámetro.

-26 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.600 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 1x240 mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 50 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 400 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección telemando e telecontrol.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 22 de marzo de 2001, publicado no Diario Oficial de Galicia do 3 de abril, no diario La Voz de Galicia do 3 de abril, no BOP da Coruña do 10 de abril 2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas (A Coruña).

Cuarto.-Durante a fase de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

1. Vicente Rivas Negreira solicita que se consideren no estudio de impacto ambiental os efectos das obras sobre a captación de auga potable para o abastecemento de Camariñas, e se corrixa o proxecto.

2. Armando Freire López solicita que se considere a súa oposición á realización do proxecto no sentido de protección da fauna e flora da zona e conservación do hábitat de aves e roedores e da paisaxe do lugar da Costa da Morte en que se atopa a Serra de Peña Forcada.

Quinto.-O 23 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifiesto que:

1. En relación coa alegación presentada por Vicente Rivas Negreira, cabe dicir que a empresa promotora, na realización do proxecto, implementará unha serie de medidas de protección co obxecto de impedi-la contaminación das augas recollidas pola dita infraestructura.

2. En relación coa alegación presentada por Armando Freire López, cabe dicir que as alegacións ambientais foron tidas en conta na Resolución do 23 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se aprobou a declaración de impacto ambiental do citado parque eólico.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os tramites procedimentais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Peña Forcada (proxecto modificado nº 1), para unha potencia de 33,8 MW, que se vai situar no concello de Camariñas (A Coruña).

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 94.640.000 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, apartado 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 4.732.000.000 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións pre

vistas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 23 de novembro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas