Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), lista B, de conformidade co punto quinto da Resolución do 26 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 215, do 7 de novembro).

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou, con data do 11 de xaneiro de 2001, resolucións estimatorias dos recursos formulados por Víctor Manuel Villanueva Rodríguez, Juan José García Pérez, Rosa Pereira Fernández e Dorinda Amor Fernández, contra a Resolución do 26 de outubro de 2001, pola que se fan públicas as listas definitivas, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia, grupo C, de conformidade co punto quinto da Resolución do 26 de outubro de 2001 (DOG nº 215, do 7 de novembro), lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 26 de outubro de 2001, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, cos datos seguintes:

Víctor Manuel Villanueva Rodríguez, DNI: 76706988, lista B, puntuación: 3,550 puntos, no posto número 62 para o ámbito D0000, no posto nº 49 para o ámbito D1500, no posto nº 33 para o ámbito D2700, no posto nº 26 no ámbito D3200 e no posto número 35 para o ámbito D3600.

Juán José García Pérez, DNI: 02606841, lista B, puntuación: 6,400 puntos, no posto número 10 para o ámbito D0000, no posto nº 6 no ámbito D1500, no posto nº 5 no ámbito D2700, no posto nº 3 no

ámbito D3200 e no posto número 5 para o ámbito D3600.

Rosa Pereira Fernández, DNI: 32657856, lista B, puntuación: 2,450 puntos, no posto nº 129 no ámbito D2700.

Dorinda Amor Fernández, DNI: 34258984, puntuación: 1,250 puntos, no posto nº 257 no ámbito D2700 e no posto nº 170 no ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2002

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública