Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 16 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos para escolares de niveis non universitarios sobre a educación do consumidor, en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor de 2001.

Por Resolución conxunta do 4 de xullo de 2001 (DOG nº 179 do venres 14 de setembro), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou premios de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases 6ª e 7ª da citada orde, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos presentados conforme a Resolución conxunta do 4 de xullo de 2001, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

Mª del Pilar del Mar Pérez MarsóVíctor Tello Calvo

Directora xeral de Ordenación Presidente do

Educativa e FormaciónInstituto Galego de Consumo

Profesional

ANEXO

Modalidade: debuxos, bandas deseñadas e carteis.

Título: Camaleo e a casiña de leite.

Alumnos: colectivo.

Nivel educativo: educación infantil.

Centro: colexio CEIP Alférez Provisional de Ortigueira.

Premio: 125.000 pesetas (751,26 euros): 50.000 pesetas para os gañadores e 75.000 pesetas para o centro.

Título: Se forte queres ser variado has comer, Para medrar todo tes que probar.

Alumnos: colectivo.

Nivel educativo: 1º e 2º ciclo de educación primaria.

Centro: CEIP Aguiño de Ribeira (A Coruña).

Premio: 150.000 pesetas (901,51 Euros): 65.000 pesetas, para os gañadores e 85.000 pesetas, para o centro.

Título: Pesca liada e Colaboración Fatal.

Alumnos: colectivo.

Nivel educativo: 3º ciclo de educación primaria.

Centro: CEIP Canosa-Rus de Carballo.

Premio: 150.000 pesetas (901,51 euros): 65.000 pesetas para os gañadores e 85.000 pesetas para o centro.

Título: O problema das reses.

Alumnos: 4 alumnos de 2º curso da ESO.

Nivel educativo: 1º ciclo da ESO.

Centro: Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior (Pontevedra).

Premio: 175.000 pesetas (1.051,77 euros): 75.000 pesetas para os gañadores e 100.000 pesetas para o centro.

Título: varios.

Alumnos: colectivo.

Nivel educativo: escolas de arte (ó non presentarse traballos dentro deste punto, adxudícase o premio deste nivel educativo ós traballos presentados por alumnos/as de 1º curso de educación primaria e outro presentado por alumnos/as de 1º curso da ESO, compartido entre tódolos concursantes).

Centros: CEIP A Fraga das Pontes (A Coruña) e IES nº 1 da Estrada, da Estrada (Pontevedra).

Premio: 100.000 pesetas (601,01 euros): 45.000 pesetas para os alumnos/as e 55.000 pesetas para cada centro.

Modalidade: relatos curtos.

Título: Eric Ferret.

Alumna: Belén Gordedo Ferreiroa 4º curso da ESO.

Nivel educativo: 2º ciclo da ESO, bacharelato LOXSE, ciclos formativos, formación profesional de 1º e 2º grao, BUP e COU.

Centro: IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín (Pontevedra).

Premio: 200.000 pesetas (1.202,02 euros): 90.000 pesetas para a alumna e 110.000 pesetas para o centro.