Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Sábado, 19 de xaneiro de 2002 Páx. 739

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Orember, S.A. de Ourense para os anos 2000-2004.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Orember, S.A. de Ourense para os anos 2000 -2004 (código de convenio nº 3200252), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5 de outubro de 2001, subscrito con data 13 de setembro de 2001, dunha parte polos representantes da empresa, en representación da parte económica, e doutra, polo comité de empresa, en representación dos traballadores desta.

Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 19 de outubro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de traballo para a empresa Orember, S.A. para os anos 2000-2004

Capítulo I

Sección primeira

Ámbito de aplicación, vixencia e denuncia

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

a) Territorial: este convenio é de aplicación no centro de traballo de Orember, S.A., sito no polígono de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense.

b) Persoal: as disposicións do presente convenio afectan na súa totalidade o persoal da empresa Orember, S.A. sen máis excepcións cás sinaladas pola lei.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá unha duración de cinco anos. Entrará en vigor na data da sinatura e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 2004.

No tocante ós seus aspectos salariais, retrotráense os seus efectos ó 1-1-2000, para o persoal que nesta data estivese de alta na empresa.

A denuncia para a rescisión do convenio deberá realizarse cunha antelación mínima dun mes á data de finalización deste ou de calquera das súas prórrogas, contándose este prazo desde a data de entrada da correspondente denuncia no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións económicas que, con carácter de cómputo anual, excedan das fixadas neste convenio.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas, consideradas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou do lugar, implantadas pola empresa, que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 4º.-Absorción.

As disposicións legais que impliquen variación económica nalgúns dos aspectos retributivos, unicamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados, superan o nivel total do convenio. No caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras pactadas neste.

Sección segunda

Comisión de interpretación

Artigo 5º.-Comisión mixta.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender a cantas dúbidas poidan derivarse da aplicación deste, establécese unha comisión paritaria integrada por oito membros, catro pola parte social e catro pola parte económica. Todos eles serán membros da comisión negociadora do presente convenio. Poderán asisti-los asesores que consideren pertinentes por cada parte.

A comisión mixta estará composta polos seguintes membros:

Pola parte social:

-Manuel Gómez Lorenzo.

-Manuel Conde Seoane.

Pola empresa:

-Germán Viso Rodríguez.

-Jesús Gómez Amoza

Capítulo II

Sección primeira

Ingreso ó traballo

Artigo 6º.-Forma do contrato.

A admisión de traballadores na empresa, a partir da entrada en vigor do presente convenio, realizarase a través do contrato escrito, cando así o esixa a norma legal.

Así mesmo, formalizaranse por escrito as comunicacións de prolongación ou ampliación destes e o aviso da súa finalización, referidos ós contratos temporais, cando a forma legal ou convencional de aplicación así o estableza.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes de comeza-la prestación de servicios. Farase constar no contrato de traballo que deba establecerse por escrito as condicións que se pacten, o grupo profesional ou a categoría na que queda encadrado o traballador e o contido mínimo do contrato, así como os demais requisitos formais legalmente esixidos.

Artigo 7º.-Condicións xerais de ingreso.

O ingreso ó traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, e demais disposicións de desenvolvemento e co disposto no presente convenio colectivo.

A empresa estará obrigada a solicitar dos organismos públicos de emprego os traballadores que precise, cando así llo esixa a lexislación vixente, mediante oferta de emprego.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

A empresa, previamente ó ingreso, poderalles realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que se consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son axeitados á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

Sección segunda

Duración do contrato e modalidades de contratación

Artigo 9º.-Período de proba.

Sempre que non se pacte por escrito, o ingreso será provisional ata que non se teña cumprido o período de proba, que para cada grupo profesional se detalla a seguir:

a) Persoal técnico titulado e non titulado: dous meses.

b) Persoal administrativo: un mes.

c) Persoal obreiro e subalterno: quince días.

Artigo 10º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato fixo de cadro de persoal o que se concerte entre a empresa e o traballador para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Artigo 11º.-Contratación de traballadores en prácticas ou para a formación.

A empresa utilizará estas modalidades de contratación de conformidade coa lexislación vixente e conforme o disposto no convenio estatal da madeira, sen prexuízo de que respecto ós contratos formativos, mellorando o disposto na normativa que os regula, resulte de aplicación o que a seguir se establece:

-Contrato en prácticas:

A retribución do traballador contratado en prácticas será a establecida en convenio para a categoría profesional que desempeñe.

Á finalización do período temporal máximo legalmente previsto para este contrato, e en caso de continua-lo traballador coa prestación laboral, a empresa comprométese á súa conversión do seu contrato en indefinido, o que terá por obxecto o desempeño dos labores para os que foi formado, quedando prohibido o seu encadeamento con outras modalidades de contratos a tempo determinado.

Artigo 12º.-Contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Por acordo entre empresa e traballador, este poderá xubilarse á idade de sesenta e catro anos e a empresa terá a obriga de contratar un traballador que o substitúa co obxecto de que o primeiro poida acollerse ós beneficios establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidese substituílo.

As partes asinantes pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será a de sesenta e cinco anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 13º.-Contratos eventuais.

1. De conformidade co disposto no artigo 15.1º b) do Estatuto de traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, a empresa poderá celebrar contratos eventuais porcircunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, nos termos e condicións regulados na negociación colectiva sectorial estatal ou, no seu defecto, por convenio colectivo sectorial de ámbito inferior, que establecerá a duración máxima dos ditos contratos e o réxime de indemnización por extinción deles.

2. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade terán a referencia expresa do artigo do convenio colectivo estatal da madeira que regula o réxime xurídico convencionalmente establecido para os contratos eventuais, ó que ámbalas partes se remiten expresamente.

Artigo 14º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

De conformidade co disposto no artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, a empresa poderá celebrar contratos para a realización dunha obra ou servicio determinado, nos termos e condicións regulados no convenio estatal da madeira ou no seu defecto, convenio colectivo sectorial de ámbito inferior, e en particular, á definición de traballos ou tarefas con substantividade propia dentro das actividades das empresas do sector, así como ó que se dispoña en canto ó réxime indemnizatorio, que se é o caso, se poida pactar para a extinción dos contratos.

Artigo 15º.-Empresas de traballo temporal.

A empresa poderá utiliza-los servicios das empresas de traballo temporal, naqueles supostos considerados pola lei que establece o seu réxime e funcionamento, sempre que se trate de satisfacer necesidades temporais.

O contrato de posta a disposición formularase por escrito, e informaráselle á representación dos traballadores sobre cada contrato e dos motivos da súa utilización, dentro dos dez días seguintes á súa celebración.

A empresa comprométese a que os traballadores postos á súa disposición terán os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus propios traballadores por convenio.

Esta obriga, se é o caso, constará no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria.

Capítulo III

Sección primeira

Clasificación profesional

Artigo 16º.-Grupos profesionais.

Segundo a actividade que desempeña na empresa o persoal afectado polo presente convenio clasificarase de conformidade cos seguintes grupos profesionais que, á súa vez, comprenden as categorías profesionais que se relacionan a seguir:

a) Persoal de fabricación: aprendiz, peón, peón especialista, capataz de peóns, axudante, oficial 2ª, oficial 1ª, xefe de equipo, xefe de quenda, encargado de sección.

b) Persoal de mantemento: aprendiz, oficial 3ª, oficial 2ª, oficial 1ª, xefe de equipo, xefe de taller, xefe de mantemento.

c) Persoal subalterno: almaceneiro, chofer turismo, chofer mecánico.

d) Persoal administrativo: aprendiz, auxiliar administración, telefonista, oficial de segunda, oficial de primeira, xefe, xefe administrativo.

e) Persoal técnico: analista, deliñante, ATS perito, técnico proxectista, licenciado/enxeñeiro.

Sección segunda

Promoción no traballo

Artigo 17º.-Ascensos.

Os ascensos dentro do sistema de clasificación profesional produciranse atendendo ós criterios que se detallan a seguir:

1. A cobertura de vacantes e ascensos para desempeñar postos de traballo que impliquen mando ou confianza, serán, en todo caso, de libre designación pola empresa.

2. Os ascensos para o resto de categorías produciranse tendo en conta a formación e titulación dos candidatos, coñecemento do posto de traballo, así como o seu historial profesional e méritos contraídos, a permanencia na categoría profesional, e a antigüidade do traballador, sen prexuízo das facultades organizativas do empresario.

En todo caso, os criterios de ascenso na empresa acomodaranse a regras comúns para os traballadores dun e outro sexo.

Capítulo IV

Sección primeira

Tempo de traballo

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

1. Duración da xornada.

A duración máxima da xornada de traballo será de corenta horas semanais efectivas de traballo de media en cómputo anual para tódalas modalidades de traballo reguladas no presente convenio, cun máximo de 1.770 horas de traballo efectivo no ano 2001, agás para o réxime de xornada partida que terá un máximo de 1.750 horas de traballo efectivo anual.

Para os sucesivos anos de vixencia do convenio a xornada máxima anual será a que estableza o convenio estatal da madeira, sempre que esta sexa inferior á establecida para o ano 2001 no presente convenio, que se aplicará de conformidade co réxime de cómputo de traballo efectivo que se pacta no presente convenio para as distintas modalidades de traballo.

Para estes efectos, o tempo de descanso establecido na xornada continuada a quendas non terá, en ningún caso, a consideración de traballo efectivo.

As reduccións de xornada pactadas en convenio estatal absorberanse na medida en que a xornada efectiva das distintas modalidades de traballo en FINSA sexa inferior á pactada a nivel sectorial, co obxectivo de equipara-la xornada anual de tódolos sistemas de traballo.

2. Calendario e horarios de traballo.

Os horarios de traballo e o calendario laboral estableceranse de común acordo entre o comité de empresa e a dirección de cada centro, antes do inicio de cada ano natural e unha vez publicada a relación

de festividades oficiais. En caso de desacordo decidirá a xurisdicción competente.

Por acordo entre a empresa e o comité, os calendarios poderán ser obxecto de modificación durante o ano, cando resulte necesario por razóns de carácter técnico, económico ou productivo, respectando, en todo caso, a xornada anula establecida.

A dita circunstancia comunicarase ós traballadores cunha antelación mínima dun mes, e con dous meses, como mínimo, antes do inicio do período vacacional do verán.

3. Cómputo de xornada.

A xornada de traballo na empresa ten as seguintes modalidades:

-Xornada partida: na modalidade de xornada partida traballarase a razón de oito horas diarias de traballo efectivo de mañá e tarde, cunha interrupción mínima da xornada ó mediodía dunha hora e media.

-Xornada continuada a quendas: na modalidade de xornada continuada a quendas, establécese un cómputo diario de sete horas e corenta e cinco minutos de traballo efectivo, de modo que tódolos traballadores de xornada a quendas desfrutarán dun descanso de quince minutos en cada xornada, non computable dentro das sete horas e corenta e cinco minutos de traballo efectivo.

Cando por motivos de necesidade non se puidese desfrutar do descanso establecido, será retribuído como exceso de xornada.

4. Distribución da xornada anual.

A xornada anual de traballo establecida no número primeiro deste artigo será obxecto de distribución durante o ano, de conformidade cos criterios establecidos para cada un dos sistemas de traballo que se detallan a seguir respectando, en todo caso, os períodos mínimos de descanso diario e semanal legalmente establecidos.

4.1. Xornada partida. A modalidade de xornada partida efectuarase de luns a venres realizando oito horas diarias de traballo.

Os traballadores asignados a este réxime de xornada partida, os venres comprendidos entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, traballarán exclusivamente pola mañá, a razón de cinco horas de traballo efectivo.

4.2. Dúas quendas diarias con dúas quendas de persoal. Este sistema de traballo con dúas quendas diarias de producción realizarase de luns a venres a razón de sete horas e corenta e cinco minutos de traballo efectivo en cada quenda. O persoal que estea realizando a quenda de mañá traballará os sábaos necesarios pola mañá a razón de catro horas, para completa-la xornada anual de traballo efectivo establecida no presente convenio.

4.3. Tres quendas diarias con tres quendas de persoal. O sistema de traballo de tres quendas diarias de producción realizarase de luns a venres a razón

de sete horas e corenta e cinco minutos de traballo efectivo en cada quenda. O persoal que estea a realiza-la quenda de mañá traballará os sábados necesarios pola mañá, a razón de seis horas, ata completa-la xornada anual de traballo efectivo.

4.4. Tres quendas diarias con catro quendas de persoal. Este sistema de traballo ten por obxecto realizar un proceso de producción que debe ser continuado en quendas de mañá, tarde e noite, cubrindo tódolos días da semana, conforme a rotación de quendas pactada.

O ciclo de traballo será de catro semanas, que se iniciará o luns coa rotación seguinte: 7 traballo-2 descansos-7 traballo-2 descansos-7 traballo-3 descansos.

4.5. Tres quendas diarias con catro quendas e media de persoal. Este sistema de traballo permite cubri-las tres quendas diarias de mañá, tarde e noite de luns a domingo, tendo a consideración de laborables tódolos días do ano, con excepción dos días determinados como parada de producción que se recollen no artigo 19º, e dos días necesarios para garanti-lo desfrute vacacional de verán que se establece no artigo 20º para esta modalidade de traballo.

Co fin de garanti-la continuidade de producción, estableceranse nove equipos de traballo (medias quendas) que desfrutarán as súas vacacións e descansos compensatorios de forma sucesiva durante o ano.

O ciclo de rotación nas quendas será o de catro semanas establecido no número anterior.

4.6. Tres quendas diarias con cinco quendas de persoal. Este sistema de traballo permite cubri-las tres quendas diarias de mañá, tarde e noite, garantindo a continuidade de producción durante tódolos días do ano, con excepción dos días determinados como parada de producción, que se recollen no artigo 19º.

Establécese un ciclo de traballo de cinco semanas, que comezando en luns, ten o desenvolvemento seguinte: 7 traballo-2 descansos-7 traballo-2 descansos-7 traballo-3 descansos-5 axuste-2 descansos.

Durante os días denominados de axuste compensaranse os posibles excesos ou defectos de cómputo que poidan producirse, establecéndose días de desfrute de vacacións ou descansos compensatorios, ou ben realizaranse as xornadas de traballo necesarias para cumprir coa xornada anual.

Nos axustes determinados como días de traballo, prestaranse servicios, con carácter xeral, en quendas de mañá e tarde.

Así mesmo, acórdase que os traballadores que se atopen nos días de axuste substituirán os traballadores ausentes por baixas, permisos, licencias, etc., tratando de establecer un sistema de reparto equitativo entre os traballadores en axuste.

En calquera caso, as substitucións de ausencias que teñan que cubri-los traballadores en días de axuste, realizarase respectando o descanso mínimo entre xornadas legalmente establecido.

4.7. Tres quendas diarias con cinco quendas de persoal continuado. Este sistema de traballo permite cubri-las tres quendas diarias de mañá, tarde e noite, garantindo a continuidade de producción durante tódolos días do ano, sendo o seu réxime de traballo igual ó descrito no número anterior, con excepción dos días de parada de producción, que por necesidades de continuidade no servicio non se desfrutarán neste réxime de traballo.

Este sistema de traballo aplicarase exclusivamente á sección de coxeración.

4.8. Dúas quendas diarias con tres de persoal. Este sistema de traballo establécese para cubrir dúas quendas diarias de traballo, garantindo a continuidade de producción de luns a sábado durante tódolos meses do ano, con excepción dos días determinados como parada de producción, que se recollen no artigo 19º.

Para a súa posta en marcha establécese un ciclo de traballo de tres semanas que comezando o luns ten o desenvolvemento seguinte: 6 mañás-1 descanso-6 tardes-2 descansos-3 axustes-3 descansos.

Durante os días denominados de axuste compensaranse os posibles excesos ou defectos de cómputo que poidan producirse, establecéndose días de desfrute correspondentes a vacacións, descansos compensatorios, ou ben realizaranse as xornadas de traballo necesarias para cumprir coa xornada anual, nas que se prestarán servicios de mañá e tarde.

Así mesmo, acórdase que os traballadores que se atopen nos días de axuste, substituirán os traballadores ausentes por baixas, permisos, licencias, etc., respectando o descanso mínimo entre xornadas legalmente establecido.

Artigo 19º.-Festivos e paradas de producción.

1. Festivos oficiais:

Os traballadores que presten os seus servicios nos sistemas de traballo de xornada partida, dúas quendas e tres quendas, previstos nos números 4.1., 4.2 e 4.3. do artigo anterior, desfrutarán os festivos establecidos no calendario oficial na súa data.

Terán, así mesmo, para estas modalidades de xornada a consideración de días non laborables, os días 24 de xullo, 24 de decembro e 31 de decembro.

2. Festivos de catro quendas:

Na elaboración do calendario anual de traballo para o sistema de tres quendas de traballo con catro de persoal, a empresa respectará obrigatoriamente o descanso nas seguintes festas: desde as seis horas dos días anteriores ás festas de Nadal, primeiro de ano e vintecinco de xullo. Tamén serán días de parada o 11 de novembro e o 3 de maio, consideradas festas locais. Se coincidisen en sábado ou domingo

poderían variarse mediante acordo entre o comité de empresa e a dirección de Orember, S.A.

En compensación dos días festivos incluídos no calendario de traballo como laborables, os traballadores teñen dereito a un número igual de días de descanso como permiso retribuído, os cales serán desfrutados da seguinte forma:

Naqueles festivos considerados como laborables e que se atopen as liñas de producción paradas.

Catro dos días cando os traballadores o soliciten, compatible coa continuidade da producción, e os catro días restantes poderán ser designados pola empresa nunha parada de fabricación, tendo que ser notificado ós traballadores con trinta días de antelación.

No mes de decembro a empresa aboará en horas extras festivas os días de descanso pendentes de desfrute, salvo que os traballadores prefiran acumulalos ó ano seguinte.

Non obstante iso, os traballadores terán opción a cobra-los días festivos na nómina do mes en que se traballen, percibindo como compensación o importe de oito horas extras festivas por día festivo traballado.

3. Paradas de fabricación:

Para os sistemas de traballo en continuo de tres quendas con catro quendas e media de persoal, regulados nos números 4.5, 4.6, e de dúas quendas con tres de persoal regulado no número 4.8 do artigo anterior, establécense sete días de parada de fabricación no ano, conforme as disposicións seguintes:

Catro días, que serán comúns para os dous centros de traballo, desfrutaranse nas seguintes datas: 24 de decembro e 25 de decembro-31 de decembro e 1 de xaneiro.

Os tres días restantes determinaranse en cada centro por acordo entre o comité de empresa e a dirección sen que, en ningún caso, no conxunto do ano se poidan superar tres períodos de parada de producción.

Así mesmo, establécese un período mínimo de parada de producción de dous días consecutivos, co fin de evitar prexuízos no réxime de fabricación.

4. Compensacións do réxime de cinco quendas continuado:

Este réxime de traballo regula un sistema de traballo en continuo durante tódolos días do ano, de modo que non se desfrutarán os días de parada establecidos no número anterior.

Como compensación polo traballo nas festividades do Nadal, ámbalas partes acordan que os traballadores que presten servicios en calquera das quendas

dos días de Nadal que se detallan no cadro seguinte, percibirán o importe correspondente a oito horas extras festivas.

Adicionalmente, páctanse as seguintes compensacións económicas que se percibirán polos traballadores que traballen as quendas seguintes:

MañáTardeNoite

24 dec. - 5.000 ptas./30,05 A17.500 ptas./105,18 A
25 dic. 15.000 ptas./90,15 A17.500 ptas./105,18 A 5.000 ptas./30,05 A
31 dic. - 5.000 ptas./30,05 A17.500 ptas./105,18 A
1 en. 17.500 ptas./105,18 A15.000 ptas./90,15 A 5.000 ptas./30,05 A

Estes valores serán de aplicación no ano 2001 e non serán obxecto de revisión na dita anualidade, sen prexuízo dos incrementos de convenio de anos sucesivos.

En todo caso, o traballo durante as paradas de producción establecidas para o resto de sistemas de traballo, terá carácter ordinario e realizarase con cargo a cómputo anual de horas ordinarias sen que, por tanto, teña a consideración de traballo extraordinario para este réxime de traballo.

Sección segunda

Vacacións, licencias e excedencias

Artigo 20º.-Vacacións.

1. Disposicións comúns:

O persoal de xornada partida, dúas e tres quendas con descanso en fin de semana, terá dereito a desfrutar dun período de vacacións de trinta días naturais, e o resto de persoal asignado a sistemas de traballo a quendas terá dereito a desfrutar de trinta e un días naturais de vacacións.

A retribución das vacacións será a mesma que lle correspondería a cada traballador polo seu traballo habitual, excepto o plus de locomoción.

As vacacións desfrutaranse por anos naturais ou na parte proporcional que corresponde no caso de non levar traballando na empresa o ano completo.

No suposto de se producir unha incapacidade transitoria antes do período sinalado para o desfrute das vacacións estas poderán ser desfrutadas sempre que durante o ano natural existan días dispoñibles, isto é, que se a IT continuase ata o 31 de decembro non haberá lugar ó desfrute de vacacións.

Para os sistemas de xornada partida, dúas quendas, tres quendas e catro quendas reguladas nos números 2.1 e 2.2 que seguen a continuación, se por necesidades da empresa, os traballadores tivesen que desfruta-las vacacións fóra do período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, serán compensados con catro días laborables máis sobre os recoñecidos como vacacións, ós diferentes colectivos.

Igualmente, para estes sistemas de traballo, o calendario de vacacións establecerase de común acordo entre a dirección da empresa e o comité de empresa, e exporase cunha antelación de dous meses, como mínimo.

2. Réxime de desfrute:

2.1. Xornada partida, dúas e tres quendas con descanso en fin de semana.

O persoal adscrito a estes sitemas de traballo desfrutará dun período de vacacións de trinta días naturais ininterrompidos, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

2.2. Catro quendas:

O persoal de catro quendas terá dereito a desfrutar de 31 días naturais de vacacións ininterrompidas entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Non obstante, con carácter xeral, para o persoal de réxime de traballo de tres quendas con catro de persoal, o desfrute vacacional dividirase en dous períodos, o primeiro dos cales será de 28 días naturais ininterrompidos para desfrutar en período estival, que comprende entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, e de cinco días naturais ininterrompidos, que se desfrutarán entre os días 26 a 30 de decembro.

2.3. Sistemas de continuidade de producción:

Os traballadores que presten servicios en sistemas de continuidade de producción desfrutarán trinta e un días naturais de vacacións, conforme o réxime seguinte:

-Para o réxime de catro quendas e media establécese un desfrute vacacional de vinteún días naturais en verán, por determinar entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, os cales se desfrutarán en dous períodos ininterrompidos, un de 14 días, como mínimo, e outro período de sete días.

O resto de días ata completa-las vacacións anuais pactadas desfrutaranse durante o resto ano con carácter sucesivo entre as quendas.

-Para cinco quendas establécese o desfrute vacacional mínimo de vinteún días naturais ininterrompidos entre a segunda semana de xuño e a terceira de setembro.

Durante este período vacacional os traballadores pasarán a traballar en ciclos de catro semanas, suprimíndose a quinta semana do ciclo, ó quedar só catro quendas de persoal para cubri-la producción.

O resto de días ata completa-las vacacións anuais pactadas desfrutaranse durante o resto do ano con carácter sucesivo entre as quendas, fixándose preferentemente nos días de axuste, co fin de non rompe-lo ciclo de traballo de cinco semanas e que supoña un desfrute equitativo entre as quendas.

Co fin de que todo o persoal poida desfruta-los distintos períodos de vacacións establecidos, os traballadores rotarán nas quendas cada ano, ou ben modificaranse nos calendarios os períodos de vacacións para cada quenda.

-No sistema de traballo de dúas quendas con tres de persoal establécese un desfrute vacacional mínimo de 21 días naturais ininterrompidos a determinar entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.

Os traballadores desfrutarán sucesivamente as súas vacacións mantendo a continuidade da producción ou do servicio, de modo que ó quedar dúas quendas de persoal, rotarase en ciclos de dúas semanas, traballando seis días continuados de mañá ou tarde, de luns a sábado.

O resto de días ata completa-las vacacións anuais pactadas desfrutaranse durante o resto do ano con carácter sucesivo entre as quendas, fixándose preferentemente nos días de axuste, co fin de non rompe-lo ciclo de traballo de tres semanas, e lograr un desfrute equitativo entre as quendas.

Artigo 21º.-Licencias.

1. Disposicións comúns ás licencias.

O persoal da empresa terá dereito a desfrutar, mediante aviso previo, licencias nos supostos establecidos no número seguinte, sempre que non estea desfrutando das súas vacacións ou descansos regulamentarios e os mesmos cubran a totalidade do período solicitado de licencia, con excepción do permiso por matrimonio previsto na letra a) do número seguinte.

Nos supostos de falecemento, enfermidade grave ou hospitalización o permiso esténdese a parentes de segundo grao tanto por consanguinidade como por afinidade.

Enténdese por afinidade o parentesco que mediante o matrimonio se establece entre cada cónxuxe e os parentes do outro.

Así mesmo, inclúense as parellas de feito como situación que outorga dereito ó desfrute das licencias recollidas no número seguinte, con excepción do permiso por matrimonio.

Esténdense, así mesmo, os efectos ó parentesco por afinidade, en relación ós parentes ata o segundo grao da persoa coa que conviva o traballador como parella de feito.

Para estes efectos, a situación de convivencia acreditarase mediante certificación expedida polo organismo público a quen corresponda a xestión do censo de parellas de feito.

Posteriormente ó desfrute destes permisos, os productores xustificarán fidedignamente as causas que motivaron os mesmo, con excepción do suposto previsto na letra l) do número seguinte.

O desfrute das licencias terá que comezar no momento inmediato á causa que o motiva; se no fose solicitada en tal sentido non haberá lugar á dita licencia, con excepción do sinalada na alínea a) do número seguinte.

2. Motivos das licencias e tempo de desfrute.

a) Por matrimonio do traballador: 21 días naturais retribuídos, que poden acumularse ás vacacións.

b) Por pasamento do cónxuxe, fillos, pais, irmáns: cinco días naturais retribuídos e dous días naturais non retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar.

Tres días naturais retribuídos e dous días naturais non retribuídos se non formasen parte da unidade familiar, ampliables ata cinco días naturais retribuídos, no suposto de que for necesario realizar un desprazamento superior a 150 quilómetros.

c) Por pasamento de avós e netos: tres días naturais retribuídos, ampliables ata cinco días naturais retribuídos en caso de desprazamento superior a 150 quilómetros.

d) Por pasamento de tíos e sobriños por consanguinidade ou afinidade: tres días naturais retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar.

Un día natural retribuído, ampliable a dous días máis sen retribución, de non formaren parte da unidade familiar. Neste suposto a licencia concederase, con carácter xeral, para asistencia ós actos de enterro.

e) Por enfermidade grave ou hospitalización do cónxuxe, pais, fillos, avós e irmáns: tres días naturais retribuídos e dous días naturais sen retribución.

En caso de que por tal motivo o traballador necesitase facer un desprazamento para o efecto superior a 150 quilómetros, terá dereito a cinco días naturais retribuídos e dous días naturais sen retribución

f) Por parto da dona ou adopción: cinco días naturais retribuídos.

g) Por voda dun fillo: dous días naturais retribuídos.

h) Por voda dun irmán ou irmán político: un día natural retribuído.

i) Por estudios, concederanse as licencias necesarias retribuídas para que se poida concorrer ós exames nas convocatorias do correspondente centro, e deberanse presenta-los xustificantes de convocatoria e asistencia ó exame.

l) Por cumprimento dun deber de carácter público e persoalmente inescusable: o tempo preciso para isto, que será retribuído.

k) Por mudanza: dous días naturais retribuídos.

l) O persoal de xornada partida terá dereito a un día de licencia que será desfrutado cando o solicite.

m) Polo tempo indispensable para asistir a consultas médicas da Seguridade Social que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

Artigo 22º.-Maternidade, adopción ou acollemento.

1. As traballadoras terán dereito, no suposto de parto, a unha suspensión do contrato de traballo de dezaseis semanas de duración, que se desfrutarán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo.

O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatamente posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que a nai e o pai traballen, esta, ó se inicia-lo período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva coa nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente, de menores ata seis anos, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliable no susposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas a alección do traballador, ben a partir da resolución administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.

No caso de que a nai e o pai traballen, o período distribuirase a opción dos interesados, que o poderán desfrutar de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límite sinalados.

Nos casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma deles non poderá exceder das dezaseis semanas previstas ou das que correspondan en caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refire o presente artigo poderanse desfrutar en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre a empresa e os traballadores afectados, nos termos en que regulamentariamente se determine.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión previsto para cada caso neste artigo, poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

2. Durante as situacións previstas no apartado 1 deste artigo, a nai ou o pai terán dereito a percibir, se é o caso, un complemento que adicionado á prestación pública recoñecida garanta o 100% do seu salario real.

Artigo 23º.-Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo. O reingreso solicitarase dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical e perderase este dereito se se fai transcorrido este prazo.

Artigo 24º.-Excedencia voluntaria.

1. O traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a dous anos nin superior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador, se é o caso, se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia, salvo

casos excepcionais, en que de mutuo acordo poderá reducirse o dito prazo.

2. O traballador excedente conserva tan só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes, de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producisen na empresa, e sempre que o soliciten con, cando menos, un mes de antelación ó termo da excedencia.

Artigo 25º.-Excedencia por coidado de familiares.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción, nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contando desde a data de nacemento, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a un ano os traballadores para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia especial prevista neste apartado constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a empresa poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio dela dará fin ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación dos cales deberá ser convocado pola empresa, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artigo 26º.-Disposicións comúns ás excedencias.

1. Nas excedencias nas que concorra a circunstancia de temporalidade do contrato, a duración deste non se verá alterada pola situación de excedencia do traballador, e no caso de chegar ó termo deste durante o transcurso dela, extinguirase o dito contrato logo da súa denuncia avisada no prazo mínimo de quince días, agás pacto en contrario.

O incumprimento do prazo de aviso por parte da empresa, suporá exclusivamente a obriga de compensar economicamente o traballador no importe dos días de falta de aviso, ó momento da súa liquidación.

2. Durante o período de excedencia, o traballador, en ningún caso, poderá prestar servicios que supoñan unha concorrencia desleal en relación á empresa. Se así o fixese, perdería automaticamente o seu dereito de reingreso.

Artigo 27º.-Reducción de xornada por coidado de familiares.

1. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai, en caso de que ambos traballen.

2. Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución porporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terán o mesmo dereito os que precisen encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción da xornada prevista neste epígrafe constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a empresa poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

3. A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da reducción de xornada, previstos nos epígrafes 1 e 2, corresponderá ó traballador, dentro da xornada ordinaria. O traballador deberá avisar á empresa con quince días de antelación á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre a empresa e o traballador sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de desfrute deste artigo serán resoltas pola xurisdicción competente.

Sección terceira

Extinción da relación laboral

Artigo 28º.-Avisos e cesamentos.

O cesamento dos traballadores por terminación do contrato deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación mínima de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitidos, todo isto sen prexuízo da notificación escrita de cesamento.

Cando fose o traballador o que comunicase a súa decisión de extingui-lo contrato antes da súa finalización operará a indemnización resarcitaria de contrario establecida en idénticos termos.

Non será de aplicación o disposto anteriormente en canto ó prazo de aviso e indemnizacións para os contratos concertados baixo a modalidade de interinidade

ou substitución, eventuais por circunstancias da producción ou obra ou servicio inferiores ou iguais a seis meses, sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

Aqueles contratos temporais que superasen o establecido no parágrafo anterior, a excepción dos contratados por interinidade ou substitución, deberán avisarse por escrito coa antelación seguinte:

Técnicos: un mes.

Resto do persoal: quince días naturais.

Non obstante, a empresa poderá substituír este aviso pola indemnización equivalente ós días de aviso omitidos en similares termos có expresado no parágrafo primeiro.

Cando fose o traballador o que comunicase a súa decisión de extingui-lo contrato antes da finalización deste operará a indemnización en sentido contrario establecida en idénticos termos.

Idéntica indemnización resarcitoria procederá cando o traballador fixo de cadro de persoal decidise extingui-lo seu contrato notificando por escrito a súa baixa voluntaria na empresa e incumprise os prazos de aviso indicados no parágrafo cuarto.

Capítulo V

Sección primeira

Estructura salarial

Artigo 29º.-Estructura salarial.

Son retribucións salariais as remuneracións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie que reciben pola prestación dos servicios laborais por conta allea.

1. Conceptos que comprenden as retribucións salariais:

a) Salario base.

b) Complementos salariais:

*Persoais:

-Antigüidade consolidada.

-Garantía ad personam.

*De posto de traballo:

-Plus de nocturnidade.

-Plus de xornada.

-Plus de continuidade de producción.

-Plus de especialidade.

-Compensación festivos Nadal.

*De calidade ou cantidade:

-Horas extras.

-Horas extraordinarias nocturnas/festivas.

*De vencemento periódico superior a un mes:

-Paga de primavera.

-Paga de verán.

-Paga de Nadal.

c) retribucións en especie:

-Achega económica ó plan de xubilación.

2. Complementos non salariais:

-Prestacións e indemnizacións de Seguridade Social ou asimiladas a estas.

-Axudas de custo de viaxe.

-Quebranto de moeda.

-Plus de locomoción.

-Mellora social.

-Indemnizacións por cesamentos, desprazamentos, traslados, suspensións ou despedimentos.

Artigo 30º.-Devengo do salario.

O salario base, o complemento ad personam, o plus de especialidade, as pagas extraordinarias e as vacacións, así como a antigüidade consolidada, o plus de xornada e o plus de continuidade de producción devengaranse por día natural, e o resto dos complementos salariais por día de traballo efectivo.

Artigo 31º.-Salario base.

Enténdese por salario base a parte de retribución do traballador fixada por unidade de tempo sen atender a circunstancias persoais, de posto de traballo, por cantidade ou calidade de traballo ou de vencemento periódico superior ó mes.

A contía de salarios base establecidos por cada categoría profesional, é a que se recolle nas táboas do anexo I do presente convenio.

Artigo 32º.-Salario hora ordinaria.

Enténdese por salario hora ordinaria o cociente que se obtén ó dividi-lo salario anual de cada nivel, grupo ou categoría, establecido no convenio polo número de horas anuais de traballo efectivo.

Artigo 33º.-Complementos persoais.

Os complementos persoais son os que retribúen unha circunstancia especial ou específica do traballador, tales como idiomas, títulos, coñecementos especiais e outros, sempre que resulten de aplicación ó traballo que desenvolve o traballador e non fosen valorados ó establece-lo salario base do seu grupo ou nivel.

Artigo 34º.-Antigüidade.

1. A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos e quedará, por tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que tivesen xeradas antes do 30 de setembro de 1996 contías en conceptos de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na

devandita data. A contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto «antigüidade consolidada» e non será absorbible nin compensable.

A compensación pactada para a supresión do devengo deste concepto foi incorporada á contía dos salarios base que firguran no anexo I.

2. A contía do quinquenio consolidado, que non terá incremento nin diminución ningunha nas sucesivas negociacións, será de 3.790 pesetas mensuais (22,78 A), igual para tódalas categorías.

Artigo 35º.-Complementos de posto de traballo.

Son aqueles complementos salariais que debe percibi-lo traballador por razón das características do posto de traballo ou pola forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta do traballo corrente.

Considéranse complementos de posto de traballo, os pluses de xornada, o plus de nocturnidade, o plus de continuidade da producción, o plus de especialidade e a compensación de festivos de Nadal.

Estes complementos de posto son de natureza funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado polo que, como regra xeral, non terán carácter consolidable.

Artigo 36º.-Pluses de xornada.

Os traballadores, en función da modalidade de xornada que realicen, percibirán os seguintes pluses mensuais, determinados con valor ano 2001 e sen prexuízo da aplicación dos incrementos de convenio que correspondan:

Tipo de xornadaImporte mensual

a) X. partida e dúas quendas:11.006 ptas./66,15 A

b) Tres quendas:13.906 ptas./83,58 A

c) Catro quendas:31.613 ptas./190 A

d) Catro e medio e cinco quendas:43.568 ptas./261,85 A

e) Dúas con tres de persoal:25.459 ptas./153,01 A

As contías dos novos complementos de xornada recollidos nas letras d) e e) incrementaranse en cada anualidade de convenio, na porcentaxe en que se incremente o IPC real de cada ano, ata o final da vixencia deste convenio.

Artigo 37º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas entre as 22 horas e as 6 horas da mañá retribuiranse co complemento denominado nocturnidade e a súa contía fíxase nun incremento do 25% o seu respectivo salario base.

O complemento de nocturnidade aboarase integramente cando a xornada de traballo e o período nocturno teñan unha coincidencia superior a catro horas; se a coincidencia fose de catro horas ou inferior a ese tempo a retribución a aboar será proporcional ó número de horas traballadas durante o período nocturno.

O persoal que traballe en dúas quendas cando a coincidencia horaria entre a xornada de traballo e o período nocturno sexa igual ou inferior a unha hora, non terá dereito ó complemento de nocturnidade.

Artigo 38º.-Complemento de continuidade de producción.

Tódolos traballadores que formen parte dunha sección que traballe en réxime de continuidade da producción, é dicir, naquelas seccións ou liñas en que de forma estructural non se interrompe o servicio ou se paraliza a producción durante as oito horas da quenda, percibirán o complemento de continuidade de producción.

O dito complemento terá a consideración de complemento de posto e devengarase por día natural, aboándose nos mesmos termos que o complemento de xornada.

O importe de complemento de continuidade será o resultado de multiplica-lo valor da hora ordinaria das táboas salariais vixentes no ano 2002, da categoría de oficial de 2ª de producción, por 5,5 correspondentes a quince minutos do exceso de xornada obxecto de reducción no presente convenio.

Toda vez que a reducción do descanso diario se fará de forma progresiva durante tres anos, a contía do complemento de continuidade de producción irase incorporando por terceiras partes durante os anos 2002, 2003 e 2004.

Artigo 39º.-Plus de especialidade.

1. Percibirán este complemento salarial aqueles traballadores que por razón do seu oficio, profesión ou especialidade, realicen un traballo de carácter cualificado ou polivalente, con experiencia e solvencia acreditada no desenvolvemento das súas funcións.

Este concepto salarial, que terá a consideración de plus de posto de traballo, aboaráselle ó persoal de mantemento, e comezarase a percibir a partir do mes seguinte a aquel en que se cumprisen os tres anos traballando na especialidade ou oficio, nas condicións nas que se lle viña aplicando o artigo 3º ou ad personam ó colectivo de mantemento.

Os importes mensuais do plus de especialidade serán os que se detallan a seguir, devengaranse do mesmo xeito có complemento ad personam e percibiranse, polo tanto, nas pagas extraordinarias e na retribución das vacacións.

-Oficial 1ª e 2ª:

Ano 2001: 33.388 ptas./200,67 A

-Oficial 3ª:

Ano 2001: 22.258 ptas./133,77 A.

Artigo 40º.-Garantía ad personam de mantemento.

1. Os traballadores da sección de mantemento que veñen percibindo cantidades mensuais en concepto de complemento ad personam, en contía igual ou superior ás establecidas no artigo anterior para o complemento de especialidade, continuarán percibindo a contía xa consolidada, á que se lle aplicarán os sucesivos incrementos de convenio.

Os importes mensuais de cada traballador figurarán en nómina en concepto de garantía ad personam consolidada.

2. A percepción da garantía ad personam de mantemento establecida no presente artigo será incompatible coa percepción de complemento de especialidade.

Artigo 41º.-Gratificacións extraordinarias.

A tódolos traballadores aboaránselle-las pagas extras de verán e Nadal na contía, cada unha delas, que sume os seguintes conceptos: salario base, complemento ad personam, plus de especialidade e antigüidade consolidada, todos eles referidos a trinta días de traballo.

Tamén se lles aboará a paga de primavera en contía de quince días de salario base, complemento ad personam e plus de especialidade, máis trinta días de antigüidade consolidada.

A paga de primavera farase efectiva o día 15 de marzo, a de verán o 15 de xullo e a de Nadal o día 15 de decembro, ou nos días inmediatamente anteriores se estes fosen festivos.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo de permanencia na empresa durante os doce meses anteriores ó aboamento destas, e computaranse como permanencia os períodos de incapacidade transitoria.

Artigo 42º.-Horas extraordinarias.

Serán horas extraordinarias todas aquelas que excedan da xornada establecida no artigo 18º para cada réxime de traballo.

1. Terán a consideración de horas extraordinarias festivas, as realizadas en domingo, día festivo, ou en día de descanso.

Ademais, para o sistema de catro quendas, cando un festivo coincide en día de descanso semanal, percibiranse oito horas extras festivas, entendéndose que a xornada que, segundo o seu réxime de quenda, se realiza en domingo, non ten consideración de horas festivas en canto que é compensado con descanso semanal.

Así mesmo, aquelas horas extraordinarias que por motivos técnicos teñan que realizarse en período nocturno, terán a consideración, para efectos retributivos, de horas extraordinarias festivas.

2. Para os sistemas de traballo en continuidade de producción de 4,5 quendas e 5 quendas, o traballo que segundo o seu réxime de quenda se realiza en domingo ou festivo non terá a consideración de traballo extraordinario, toda vez que se realiza con cargo ó cómputo anual de xornada ordinaria, de conformidade co establecido no seu réxime de traballo.

A mesma consideración terá o traballo realizado en festivo para o réxime de dúas quendas con tres de persoal, xa que se realiza con cargo ó cómputo de xornada ordinaria anual.

3. As horas extraordinarias, por regra xeral, serán obxecto de aboamento na nómina do mes en que se traballen, de conformidade cos valores que para as horas extraordinarias se establecen para cada categoría profesional no anexo II do presente convenio,

que supoñen un incremento do 75% sobre a hora ordinaria e dun 100% no caso de hora extra festiva.

Non obstante, os traballadores terán a opción da súa compensación por descanso retribuído, en igual tempo ó prestado como traballo extraordinario, sempre que lle sexa comunicado con carácter previo á súa realización á empresa, co fin de coñecer coa suficiente antelación as necesidades de persoal para evitar trastornos no proceso productivo.

No suposto de opción polo descanso retribuído de conformidade co establecido no apartado anterior, no mes no que se desfrute o descanso retribuído, aboarase adicionalmente a diferencia entre o valor da hora ordinaria, con promedio de tódolos conceptos económicos, e a hora extraordinaria, ou se é o caso, hora extraordinaria festiva.

O aboamento en tempo de descanso deberá desfrutarse dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

4. A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderalle á empresa, e a libre aceptación ou denegación ó traballador.

5. Terán a consideración de horas extraordinarias de carácter estructural, as necesarias por perdas imprevistas, por períodos punta de producción, mantemento, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza do traballo de que se trate.

Cando exista a necesidade de realizar horas que teñan que ter carácter estructural, comunicaráselle previamente ó comité de empresa.

Artigo 43º.-Pagamento do salario.

A liquidación e pagamento do salario farase documentalmente mediante recibos de salarios que se axustarán ás normas vixentes sobre a materia, nos que figurarán tódolos datos de identificación, segundo a Orde do 27 de decembro de 1994, e os conceptos devengados polo traballador debidamente especificados.

O salario aboarase por períodos vencidos e mensualmente antes do derradeiro día natural de cada mes.

A empresa poderá paga-las retribucións e anticipos mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidades bancarias ou financeiras, logo da comunicación ó comité de empresa.

O pagamento ou sinatura de recibos que o acredite, efectuarase dentro da xornada laboral.

O traballador, e coa súa autorización o seu representante, terá dereito a percibir, antes de que chegue o día sinalado para o pagamento e por unha soa vez ó mes, anticipo a conta do traballo xa realizado. O importe do anticipo poderá ser de ata o 90% das cantidades devengadas.

No momento do pagamento do salario, ou se é o caso, anticipo a conta, o traballador asinará o recibo correspondente e entregaráselle copia deste.

Artigo 44º.-Retribución das vacacións.

1. A retribución que percibirá por vacacións será a establecida no artigo 20º do presente convenio, e será a mesma que lle corresponda a cada traballador polo seu traballo habitual, excepto o plus de locomoción.

2. Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da súa baixa na empresa, se lles integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

3. Pola contra, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral durante o ano.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución das vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase nos cesamentos por finalización de contrato.

Sección segunda

Devengos non salariais

Artigo 45º.-Axudas de custo e desprazamentos.

A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O persoal que saia fóra da localidade na que reside a empresa por causas de servicio a esta, terá dereito a unha indemnización polos gastos que se lle orixinen, logo da súa xustificación.

Artigo 46º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 4.787 pesetas mensuais (28,77 A).

Artigo 47º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar nun establecemento de hostelería e deduciráselle do importe total da comida a cantidade de 575 pesetas (3,46 A), por estaren estas aboadas pola empresa. Para os anos seguintes de convenio as contías serán as seguintes:

2002: 600 ptas. (3,61 A)

2003: 625 ptas. (3,76 A)

2004: 650 ptas. (3,91 A)

Artigo 48º.-Plus de locomoción.

Establécese un plus de locomoción para tódolos traballadores polos importes que figuran na táboa anexa III.

O devandito plus estará referido a días efectivos de traballo polo que, de producirse algunha ausencia a este que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, se descontará a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables deste.

Sección terceira

Igualdade de retribucións

Artigo 49º.-Igualdade de retribucións.

Non pode establecerse diferencia de retribucións por razón de sexo, idade ou nacionalidade para o persoal que desenvolve traballo de igual valor. Considerarase valor igual aquel que teña idéntica clasificación profesional e posto de traballo, así como función, actividade e rendemento.

O mesmo respectarase para a promoción persoal.

Capítulo VI

Sección primeira

Mobilidade funcional

Artigo 50º.-Mobilidade funcional na empresa.

A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional.

Estas condicións non poderán modificarse por contrato individual, sempre que implique renuncia de dereitos e obre en prexuízo do traballador.

1. A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categorías equivalentes, unicamente será posible se existen razóns técnicas ou organizativas que a xustifiquen e polo tempo imprescindible para a súa atención.

No caso de que se encomenden funcións de categoría inferior, a decisión deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva e deberá a empresa comunicarlle previamente á representación dos traballadores a dita situación, e o prazo polo que se considera que pode prolongarse.

2. Se, como consecuencia da mobilidade funcional, se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou as de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou de oito meses durante o período de dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso á dita categoría profesional perante a dirección da empresa, que deberá responder por escrito á solicitude do traballador no prazo de quince días.

A decisión da empresa seralle, así mesmo, comunicada ó comité de empresa por escrito, co fin de

que poida coñece-los motivos desta e poida, se é o caso, emitir informe no suposto de que o traballador pretenda exercer unha acción de reclamación perante a xurisdicción competente.

O traballador percibirá a retribución correspondente á categoría profesional que efectivamente realice, agás nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a súa retribución de orixe.

Sección segunda

Modificación de condicións de traballo

Artigo 51º.-Modificación susbtancial de condicións de traballo.

1. A dirección da empresa por motivos de carácter organizativo, técnico, de producción ou por causas económicas, poderá acordar modificacións substanciais das condicións de traballo, de conformidade co disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores e co establecido no presente artigo.

Terán a consideración de modificacións substanciais das condicións de traballo, entre outras, as que afecten as seguintes materias:

a) Xornada de traballo.

b) Horario.

c) Réxime de traballo por quendas.

d) Sistema de remuneración.

e) Sistema de traballo e rendemento.

f) Funcións, cando excedan os límites da mobilidade funcional.

2. A adopción destas medidas tramitarase conforme o procedemento que se establece a continuación:

A) Modificación de carácter individual:

Considéranse de carácter individual, as condicións de traballo das que desfrutan os traballadores a título individual.

No suposto de que se prevexa unha modificación de condicións de traballo de carácter individual, a empresa notificaralles ós afectados pola modificación e ó comité de empresa, cunha antelación mínima de trinta días á data da súa efectividade, as causas que motivan a decisión e os termos e condicións nos que terá efectos co fin de que, tanto os traballadores a título individual, como o comité de empresa na representación que ostenta, poidan formula-las propostas e alegacións que consideren oportunas.

Unha vez concluído este período de consultas, que deberá ter unha duración mínima de dez días, a empresa notificarálle-la súa decisión ós interesados e ó comité de empresa, que será executiva e producirá efectos a partir da data determinada na comunicación inicial.

Nos supostos previstos nas letras a) b) e c) do apartado 1), se o traballador ou traballadores resultasen prexudicados pola modificación substancial das condicións, terán dereito a rescindi-lo seu contrato e percibir unha indemnización de vinte días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de nove meses,

todo isto de conformidade co disposto no número 3º do artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

Sen prexuízo da executividade da modificación, o traballador que non optou pola rescisión do seu contrato e que se mostre desconforme coa decisión empresarial, poderá impugnala ante a xurisdicción competente.

B) Modificacións de carácter colectivo:

Considérase de carácter colectivo a modificación daquelas condicións que lles son recoñecidas ós traballadores en virtude de acordo ou pacto colectivo, ou desfrutadas por estes en virtude dunha decisión empresarial de efectos colectivos.

A decisión de modificación substancial de condicións de traballo de carácter colectivo notificaráselle ó comité de empresa cunha antelación mínima de trinta días e abrirase un período de consultas de duración non inferior a quince días, coa representación dos traballadores, no que se exporán as causas que motivan a decisión da empresa, os traballadores que resultarán afectados pola modificación e os obxectivos que se pretenden acadar con esta.

No período de consultas, ámbalas partes deberán negociar con vistas a acadar un acordo, e tratarase sobre as causas motivadoras da decisión da empresa e a posibilidade de evitar ou reduci-los seus efectos, así como sobre as medidas necesarias para atenua-las súas consecuencias nos traballadores afectados.

As modificacións funcionais e de horario que, de conformidade co artigo 41º, teñan a consideración de individuais, por non afectaren o número de traballadores mínimo que recolle a escala, tramitaranse de conformidade co disposto nesta letra, sen prexuízo do mutuo acordo que poida acadarse cos traballadores afectados.

O acordo coa representación legal dos traballadores entenderase sen prexuízo do dereito dos traballadores afectados de impugnaren a decisión ante a xurisdicción competente.

C) Modificacións nas quendas de traballo:

Ámbalas partes conveñen na necesidade de establecer un sistema que permita unha adaptación flexible ós requirimentos productivos e ós derivados das innovacións tecnolóxicas que se poidan implantar na empresa, tendo en conta, así mesmo, os prexuízos económicos que se poidan derivar para os traballadores pola modificación do seu réxime de traballo.

Con fundamento no devandito principio, e sen prexuízo da apertura de período de consultas co comité de empresa, nas condicións reguladas para as modificacións de carácter colectivo, no que a empresa informará e no que se analizarán as causas que motivan a modificación e os traballadores que resulten afectados, subscribirase unha acta de acordo, na que se fagan consta-los extremos descritos, e os termos en que terán efectos, sempre que se garantan as compensacións que se detallan a continuación.

1) Cambio de réxime de quenda de carácter definitivo.

Naqueles supostos nos que a modificación de condicións proposta, supoña un cambio no réxime de quenda na que o traballador viña prestando servicios, que implique unha mingua na súa retribución por diferencia entre as contías dos pluses que se vaian percibir, a empresa garantirá unha indemnización pola diferencia de haberes, de conformidade co que se establece nos parágrafos seguintes.

Esta compensación aboaráselles unicamente a aqueles traballadores fixos no cadro de persoal e en función do tempo en que veñan prestando servicios no réxime de quendas que ten asignada unha retribución superior, aplicando a escala seguinte referida a diferencias retributivas:

-Catro ou máis anos: 24 meses.

-Máis de tres anos: 12 meses.

-Máis de 1 ano ininterrompido ou 14 meses en dous anos: 6 meses.

Esta indemnización, que non terá carácter salarial, aboarase en dous prazos no primeiro suposto. O primeiro deles, por importe dunha anualidade, no mes no que se produza o cambio de réxime de quenda, e o segundo unha vez transcorrido un ano natural. Nos dous supostos restantes, a indemnización aboarase dunha soa vez no mes no que se produza a modificación.

2) Modificación do réxime de quenda por necesidades productivas.

No suposto de que a medida proposta, non teña que producir efectos con carácter indefinido e veña motivada por situacións circunstanciais do mercado, que afecte a unha sección ou grupo de traballadores, poderase modifica-lo réxime de quenda, logo da apertura dun período de consultas de sete días co comité de empresa, e sen prexuízo da executividade da decisión da empresa, para permitir unha rápida adaptación da producción á demanda do mercado.

Ó igual que no número anterior se, como consecuencia deste, se producise unha mingua na retribución, manterase o aboamento dos pluses que se viñan percibindo durante o período no que se prolongue a situación, co máximo dunha anualidade, tempo límite no que a empresa se compromete a comunicarlles, ós afectados e ó comité de empresa, se se volve á quenda orixinaria ou se se consolida o novo réxime de quenda.

No suposto de que a situación se consolide, e polo tanto a modificación do réxime de quenda deba ter carácter definitivo, rexerase polo disposto no número anterior e entenderanse percibidas a conta da indemnización que corresponda, un máximo de seis mensualidades de complemento de pluses, percibidas desde que se produciu a modificación da quenda de traballo.

As condicións para cobra-la indemnización deben cumprirse na data na que se produce a modificación inicial do réxime de quenda.

3) No caso de que o cambio de réxime de quendas implique unha retribución superior, por aplicación dos pluses correspondentes, non procederá a indemnización ou compensación.

A consolidación no novo réxime de quenda producirase unha vez transcorrido un ano ininterrompido ou catorce meses en dúas anualidades consecutivas.

No suposto de que se volva ó réxime de quenda orixinario sen se ter consolidado o novo réxime de quenda, aplicaranse os pluses que lle correspondan á quenda orixinaria, sen que os traballadores teñan dereito a indemnización.

Sección terceira

Mobilidade xeográfica

Artigo 52º.-Mobilidade xeográfica.

A empresa por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción poderá proceder ó traslado de traballadores a un centro de traballo distinto da mesma empresa, de conformidade co establecido no artigo 40 do Estatuto dos traballadores.

A) Nos supostos de traslados de carácter individual, segundo a lexislación vixente, a decisión e os motivos desta deberán comunicárselles ós afectados e ó comité de empresa con, polo menos, trinta días de antelación á efectividade do traslado.

No dito período abrirase un período de consultas e negociación coa representación dos traballadores, co obxecto de analiza-las causas ás que responde a medida e atenuar no posible o seu alcance, de acordo coas circunstancias que concorran en cada un dos traballadores, sen prexuízo da efectividade do traslado.

B) No suposto de que a decisión de traslado tivese carácter colectivo, de conformidade co estatuto, abrirase un período de consultas por un período non inferior a sesenta días, no que ámbalas partes deberán negocia-las condicións do traslado co obxectivo de acadar un acordo, no que se establecerán as condicións e o prazo da súa efectividade.

Unha vez finalizado o dito prazo, se non se acadase un acordo, a empresa notificaralles á representación dos traballadores e á autoridade laboral a súa decisión, que se levará a efectos de conformidade co regulado no artigo 40 do Estatuto dos traballadores.

Tanto nos supostos de traslado de carácter individual coma nos de carácter colectivo, a empresa garante unha compensación por traslado, que comprenderá o custo ó que ascenda a mudanza e o aboamento dos gastos de viaxe do traballador e dos familiares ó seu cargo, que incluirán os billetes de desprazamento ou a quilometraxe e a manutención e aloxamento necesarios para efectua-la viaxe. En todo caso, procederase ós pagamentos logo da presentación das facturas correspondentes.

O traballador ou traballadores afectados, aínda no suposto de que exista un acordo entre a empresa e a representación dos traballadores, poderá optar entre acepta-lo traslado, ou a extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de vinte días por ano

de traballo, prorrateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades.

2) Desprazamentos temporais:

Por razóns económicas, técnicas, organizativas, ou de producción, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, a empresa poderá efectuar desprazamentos temporais dos seus traballadores e deberá aboar, ademais dos salarios, os gastos de viaxe e manutención e, se é o caso, aloxamento, todo isto de conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores.

A empresa informará previamente o comité de empresa das condicións do desprazamento e dos motivos deste, co fin de que poida efectua-las consideracións oportunas, ou propo-la designación daquelas persoas as que debería afecta-la medida, sen prexuízo da efectividade da decisión da empresa.

A data da efectividade do traslado deberá notificarse cunha antelación mínima de 15 días.

Capítulo VII

Da representación colectiva dos traballadores

Sección primeira

Dos comités de empresa

Artigo 53º.-Comités de empresa e delegados de persoal.

O comité de empresa e os delegados de persoal terán dereito a recibi-la información, emitir informes e exerce-lo labor de vixilancia sobre as materias expresamente previstas polas normas legais vixentes. Así mesmo, gozarán das garantías en materias disciplinarias, de non discriminación, exercicio da liberdade de expresión e disposición de créditos horarios previstos na lexislación vixente.

Artigo 54º.-Información.

Cando se produzan decisións da empresa que deban afectar substancialmente a organización do traballo e precisen a aprobación da autoridade laboral, a empresa informará previamente os comités de empresa, con vinte días de antelación.

-Copia básica dos contratos:

A dirección da empresa entregaralles, nun prazo máximo de sete días, ó comité de empresa e á sección sindical á que pertenza o traballador, unha copia íntegra de tódolos contratos de traballo realizados por escrito, así como das modificacións ou prórrogas destes.

Así mesmo, a empresa informará no prazo máximo de tres días o comité de empresa e a sección sindical á que pertenza o traballador, dos contratos non realizados por escrito e notificaralles tódolos datos relativos ás súas condicións laborais coa soa excepción dos referidos á súa intimidade persoal.

Artigo 55º.-Eleccións sindicais.

Os traballadores que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade mínima de catro meses na empresa, sempre que superen o período de proba, serán elixibles

nas eleccións a representantes dos traballadores, tal e como se prevé na sección segunda, artigo 69 e seguintes do Estatuto dos traballadores.

Artigo 56º.-Crédito horario.

Cada un dos membros do comité de empresa disporá dun crédito de corenta horas mensuais retribuídas para o desenvolvemento da súa actividade sindical, podendo acumularse as horas dos distintos membros do comité de empresa, nun ou varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total, podendo quedar relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

Artigo 57º.-Dereito de reunión.

1º Os traballadores dunha empresa ou centro de traballo teñen dereito a reunirse en asemblea, que poderá ser convocada polos delegados de persoal, comité de empresa ou centro de traballo ou por un número de traballadores non inferior ó 33 por 100 do cadro de persoal. A asemblea será presidida, en todo caso, polo comité de empresa ou polos delegados de persoal, mancomunadamente, que serán responsables do seu normal desenvolvemento, así como da presencia na asemblea de persoas non pertencentes á empresa. Só se poderán tratar nelas os asuntos que previamente consten incluídos na orde do día.

2º A presidencia da asemblea comunicaralle á dirección da empresa a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian asistir á asemblea e acordará con esta as medidas necesarias para evitar perturbacións na actividade laboral normal. Cando por calquera circunstancia, non se poida reunir simultaneamente todo o cadro de persoal sen prexuízo ou alteracións no normal desenvolvemento da producción, as diversas reunións parciais que deban celebrarse consideraranse como unha soa e datadas no día da primeira.

3º As asembleas celebraranse fóra das horas de traballo. A celebración da asemblea porase en coñecemento da dirección da empresa cunha antelación mínima de corenta e oito horas e indicarase a orde do día, persoas que ocuparán a presidencia e duración previsible.

Sección segunda

Da acción sindical

Artigo 58º.-Delegados sindicais.

A representación do sindicato na empresa ostentaraa un delegado, nos termos previstos na Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

O sindicato que alegue posuír dereito a acharse representado mediante titularidade persoal na empresa, deberá acreditalo ante esta en forma fidedigna, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

Os delegados sindicais terán as competencias, garantías e funcións recoñecidas nas leis ou normas que as desenvolvan.

2º O delegado sindical deberá se-lo traballador que se designará de acordo cos estatutos do sindicato ou central a quen representa e terá as seguintes funcións:

Recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa e dos afiliados a este, no centro de traballo, e servir de instrumento de comunicación entre o sindicato ou central sindical e a dirección da empresa.

Asistir ás reunións do comité de empresa do centro de traballo e comité de seguridade e saúde con voz e sen voto.

Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña á disposición do comité de empresa e respectaránselle-las mesmas garantías cós membros do comité de empresa, e estando obrigado a gardar sixilo profesional en todas aquelas materias que legalmente proceda.

Ser informado e oído pola dirección da empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten, en xeral, os traballadores do seu centro de traballo e particularmente os afiliados ó seu sindicato que traballen no dito centro.

O delegado sindical cinguirá as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias, axustando, en calquera caso, a súa conducta á normativa vixente.

3º As seccións sindicais dos sindicatos máis representativos terán dereito á utilización dun local axeitado, no que poidan desenvolve-las súas actividades de conformidade co establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Participación nas negociacións dos convenios colectivos: ós delegados sindicais que participen nas comisións negociadoras dos convenios colectivos e que manteñan a súa vinculación como traballadores en activo, concederánselles permisos retribuídos por parte da empresa co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da negociación, sempre que a empresa estea afectada polo convenio colectivo de que se trate.

Reunirse, fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa, cos traballadores desta afiliados ó seu sindicato.

Inserir comunicados nos taboleiros de anuncios previstos para tal efecto, que puidesen interesarlles ós afiliados ó sindicato e ós traballadores do centro.

Os delegados sindicais, sempre que non formen parte do comité de empresa, disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas, en iguais termos e contido cós considerados neste convenio para o comité de empresa.

Artigo 59º.-Cota sindical.

Nos centros de traballo debido á solicitude formulada por escrito ás empresas por cada un dos traballadores afiliados ós sindicatos legalmente consti

tuídos, as empresas descontaranlles na nómina mensual ós ditos traballadores o importe da cota sindical correspondente.

O aboamento da cantidade recadada pola empresa faráselle efectivo, por meses vencidos, ó sindicato correspondente, mediante transferencia á súa conta bancaria.

A empresa efectuará as ditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

O traballador poderá, en calquera momento, anular por escrito a autorización concedida.

Artigo 60º.-Excedencias sindicais.

O persoal con antigüidade de catro meses que exerza ou sexa chamado a exercer un cargo sindical nos órganos de goberno comarcais, provinciais, autonómicos ou nacionais dunha central sindical, terá dereito a unha excedencia forzosa polo tempo que dure o cargo que a determina.

Para accede-lo traballador á devandita excedencia, deberá acompañar á comunicación escrita á empresa o certificado da central sindical correspondente no que conste o nomeamento do cargo sindical de goberno para o que fose elixido.

O traballador excedente forzoso ten a obriga de comunicarlle á empresa, nun prazo non superior ó mes, a desaparición das circunstancias que motivaron a súa excedencia; no caso de non efectuala no dito prazo, perderá o dereito ó reingreso.

O reingreso será automático e obrigatorio e o traballador terá dereito a ocupar unha praza do mesmo grupo ou nivel, lugar e posto de traballo que ostentara antes de se produci-la excedencia forzosa.

O tempo de excedencia computará como tempo ó servicio da empresa.

Capítulo VIII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 61º.-Comité de seguridade e saúde.

1. En cada centro de traballo que conte con 50 ou máis traballadores, constituirase un comité de seguridade e saúde de conformidade coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

O comité estará formado polos delegados de prevención e por representantes designados pola empresa, en igual número, sen prexuízo da participación neste, con voz pero sen voto, daquelas persoas que conten cunha especial cualificación ou información respecto a esta materia.

Artigo 62º.-Delegados de prevención.

Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores en materia de prevención de riscos no traballo.

De conformidade coa habilitación legal establecida no artigo 35.4º da Lei de prevención de riscos laborais en favor da negociación colectiva, páctase expresamente que o comité de empresa poderá designar como delegados da prevención a traballadores que non teñan a condición de membros do comité de empresa.

Aqueles delegados de prevención que non pertenzan ó comité de empresa poderán dispoñer do crédito de horas mensuais retribuídas que lle corresponde ó dito comité para o desenvolvemento da súa actividade de prevención, logo da súa notificación por escrito á dirección da empresa, como se se tratase dun permiso de carácter sindical.

Con carácter previo ó inicio da súa actividade, o comité de empresa deberá notificarlle á empresa as horas de crédito retribuído que son obxecto de cesión ós delegados de prevención así como, se é o caso, a imputación ó crédito horario de cada unha das formacións sindicais que compoñen o comité.

Artigo 63º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de catro pezas de roupa de traballo ó ano, fundas ou batas, segundo o caso, con obriga de usalas e con duración conxunta dun ano. A súa entrega efectuarase por partes, dúas pezas no mes de maio e as outras dúas no mes de outubro.

As pezas que se entreguen no mes de maio serán axeitadas á climatoloxía de verán.

Material de seguridade:

O comité de seguridade e saúde determinará na empresa as pezas de roupa de seguridade necesarias para cada posto con obriga do seu uso. Tamén determinará a súa renovación.

Artigo 64º.-Período de xestación e lactación.

1. A traballadora xestante terá dereito a ocupar, durante o seu embarazo, un posto de traballo e/ou quenda distinta á habitual cando as condicións do seu posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto e a prescrición do especialista que atende o seu embarazo así o aconsella, polo que a traballadora, directamente ou ben a través do comité de seguridade e saúde, ou o comité de empresa, solicitaralle á empresa o cambio de posto, e/ou a quenda de traballo.

Este cambio de posto non suporá modificación na súa categoría profesional, nin mingua nos seus dereitos económicos. Unha vez finalizada a causa que motivou o cambio de posto, procederase á súa reincorporación ó seu destino orixinal.

Ante a imposibilidade de cambio de posto de traballo e/ou quenda de traballo, a traballadora embarazada pasará á situación de suspensión do contrato de traballo por risco durante o embarazo, prevista no artigo 45.1º d) do Estatuto dos traballadores, durante o período necesario para a protección da súa seguridade ou da saúde e mentres persista a imposibilidade de se reincorporar ó seu posto anterior ou outro compatible co seu estado.

2. O disposto no número anterior tamén será de aplicación durante o período de lactación, se as condicións de traballo puidesen influír negativamente na saúde da muller ou do fillo e así o certificase o médico que asista facultativamente a traballadora.

3. A traballadora embarazada terá dereito a permisos retribuídos para preparación ó parto, e igualmente terá dereito a elixi-la data das súas vacacións regulamentarias.

Capítulo IX

Sección primeira

Da formación

Artigo 65º.-Formación na empresa.

A maior cualificación do persoal é un obxectivo compartido pola empresa e a representación dos traballadores, que redunde tanto en beneficio dos traballadores como a prol da flexibilidade e a polivalencia no seo da empresa.

Para tal efecto, promoverase a mellora no nivel formativo dos traballadores, que permita a adaptación progresiva ós requirimentos das prestacións do traballo en cada momento, mediante a formación interna e externa.

A formación interna poderá ser impartida con persoal e medios propios, ou mediante a contratación de persoal especializado para levarse a cabo na empresa, e terá carácter obrigatorio e retribuído durante a xornada laboral.

A formación fóra de horas de traballo terá carácter voluntario e non retribuído.

Cando a formación sexa externa, a contratación e aboamento do curso será por conta da empresa e percibirá o traballador a súa retribución como xornadas efectivamente traballadas, así como o importe dos gastos ós que deba facer fronte para a asistencia, logo da súa xustificación.

Artigo 66º.-Plans para a formación continua na empresa.

1. Ámbalas partes estudiarán a presentación de plans de formación de empresa, para a formación continua de traballadores, de conformidade co disposto no III Acordo tripartito de formación continua, do 19 de decembro de 2000, co obxectivo de que afecte a colectivos amplos de traballadores, ou seccións nas que se prevexan cambios tecnolóxicos, como paso previo para a súa adaptación ós novos requirimentos de cualificación que se demanden.

2. Na elaboración de actividades formativas teranse en conta os seguintes criterios:

Priorizaranse as actividades en función das necesidades concretas da empresa e, con carácter xeral, sinálanse as seguintes:

Incorporación de novas tecnoloxías e adaptación a especificacións e normativa vixente, implantación de sistemas de calidade na empresa, atención do medio, reconversión profesional e mellora da seguridade e saúde no traballo.

A orientación cara ós colectivos afectados outorgaralles preferencia ás necesidades de reconversión e reciclaxe profesional, así como á formación especializada e novas tecnoloxías.

3. Tódolos plans de formación deberán especificar como contido mínimo os seguintes:

a) Obxectivos e contidos das accións formativas que se vaian desenvolver.

b) Colectivo afectado por categorías e número de participantes.

c) Calendario de execución e lugares de impartición.

d) Instrumentos de avaliación previstos.

e) Custo previsto das accións formativas.

4. A aprobación dos plans formativos cos contidos mínimos determinados no número anterior, someterase a información da representación legal dos traballadores, órgano que deberá emitir-lo seu informe no prazo de dez días a partir da recepción da documentación.

Sección segunda

Permisos para a formación

Artigo 67º.-Permisos para a asistencia a cursos de formación.

1. Todo traballador que curse estudios de formación ou de perfeccionamento relacionados coa súa cualificación profesional terá dereito á concesión dun permiso non retribuído con reserva de posto de traballo, polo tempo de duración do curso.

O dito período de permiso non retribuído non computará para efectos do desfrute e devengo correspondentes a vacacións e pagas extraordinarias.

A solicitude de permiso deberá presentarse coa antelación mínima de vinte días antes do inicio, para que a empresa poida supli-la súa ausencia ó traballo, e a data que prevé para a súa reincorporación.

Nos demais supostos, cando se poida compatibiliza-la asistencia ós cursos co traballo habitual, o traballador poderá solicita-la adaptación da xornada de traballo ou a elección de quenda de traballo, sempre e cando as necesidades da sección de que se trate o permitan.

No suposto de que non fose posible tal modificación, o traballador poderá solicita-lo permiso ó que fai referencia o parágrafo primeiro.

2. Tempos empregados en formación continua.

a) Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, que estean relacionadas coa súa actividade ou profesión, o 50% das horas que precise na acción formativa serán por conta da empresa e non suporá en ningún caso máis de 20 horas anuais por traballador que se poderán distribuír nunha ou varias accións formativas.

A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción.

O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima na empresa dun mes.

Durante as horas formativas por conta da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en hora ordinaria.

O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

b) Así mesmo, o traballador poderá solicita-los permisos individuais de formación de conformidade co disposto no III Acordo nacional de formación continua.

Capítulo X

Das melloras sociais

Sección primeira

Enfermidade e accidente

Artigo 68º.-Enfermidade e accidente.

1. A partir dun mes ininterrompido de situación de incapacidade transitoria (IT), o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que, adicionado á prestación do INSS, complete o 100 por 100 dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médica e o visto e prace en sección conxunta, do comité de empresa e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extras.

2. Cando a IT sexa debida a accidente laboral ou enfermidade profesional ou de risco durante o embarazo, este complemento percibirao desde o primeiro día.

3. Nos supostos de que a incapacidade transitoria motivase a hospitalización, o traballador terá dereito á percepción do dito complemento a partir do primeiro día de situación de IT.

Artigo 69º.-Póliza de accidentes.

A empresa, para os anos 2000-2004, garante a contratación dunha póliza colectiva de accidentes, nas condicións e coas coberturas que se recollen na póliza nº 5892-A subscrita coa compañía de seguros Le Mans Seguros España, S.A., aprobada de común acordo co comité de empresa.

A cobertura de accidente laboral incrementa os capitais asegurados ata as cantidades que se detallan a seguir, desde a sinatura do presente convenio e ata o termo da súa vixencia.

Ano 2001: 4.150.000 ptas./24.942 A

Ano 2002: 4.250.000 ptas./25.543,01 A

Ano 2003: 4.350.000 ptas/26.144,03 A

Ano 2004: 4.450.000 ptas./26.745,04 A

O comité de empresa xestionará a póliza de seguros coas mesmas condicións de risco actuais.

Da devandita xestión o comité informará a empresa, co fin de que esta poida acepta-las correspondentes primas ou facilitarlle ó comité unha licitación mellor.

Sección segunda

Diminucións funcionais

Artigo 70º.-Persoal con capacidade diminuída.

1. A empresa queda obrigada a acopla-lo persoal con capacidade diminuída, como consecuencia de accidente laboral ou enfermidade profesional, sempre que non acadasen un grao de invalidez permanente total ou absoluta. En caso de enfermidade profesional, sempre que o traballador teña unha antigüidade na empresa de máis de 6 anos.

Se o novo posto é de categoría superior rexerán para el as condicións económicas do dito posto. Se fose inferior, continuará percibindo as retribucións anteriores. Esta situación será determinada conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

2. A empresa garante a contratación dunha póliza de seguro, actualmente contratada coa Compañía Sudamérica Le Mans, S.A., póliza 5788-A, que garanta, en caso de declaración de sentencia ou pola comisión de avaliación correspondente, dunha invalidez permanente total para a profesión habitual derivada de accidente laboral, unha compensación económica que cubra de por vida a porcentaxe necesaria ata completa-lo 100% da base reguladora recoñecida pola Seguridade Social.

3. No suposto de que a empresa lle ofrecese ó traballador a posibilidade de continuar na prestación dos seus servicios na empresa, e o traballador accidentado optase pola continuación da súa relación laboral, isto implicará a renuncia ó cobro da compensación considerada no presente artigo.

Non obstante, o traballador que opte por continuar na empresa, disporá dun prazo adicional dun ano, como período de adaptación á súa nova situación laboral. Durante este período, o traballador poderá exerce-la súa opción ó cobro da póliza complementaria.

Sección terceira

Xubilación

Artigo 71º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 65 anos para o persoal que leve como mínimo 7 anos na empresa, consiste nunha mensualidade de salario base, complemento ad personam, complemento de especialidade e a súa antigüidade consolidada. Así mesmo, e para o persoal que se xubile voluntariamente, establécense as seguintes cantidades:

-Ós 60 anos: 225 días de salario real.

-Ós 61 anos: 170 días de salario real.

-Ós 62 anos: 135 días de salario real.

-Ós 63 anos: 110 días de salario real.

-Ós 64 anos: 90 días de salario real.

Estas cantidades aboaranse con independencia das liquidacións correspondentes e manterase o seu valor económico durante toda a vixencia do convenio.

Artigo 72º.-Xubilación parcial.

Ámbalas partes comparten o obxectivo de promover e fomentar unha transición gradual cara á xubilación dos traballadores de FINSA e a progresiva incorporación de persoal á empresa, dando a oportunidade de exercer esta posibilidade ós traballadores que cumpran os requisitos para acceder á dita situación.

Para iso, de conformidade co disposto no artigo 12 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo), nos supostos en que un traballador, de común acordo coa empresa, decida reduci-la súa xornada de traballo e o salario entre un 30 e un 77%, sempre que reúna as condicións para ter dereito á prestación de xubilación excepto a idade, que deberá ser inferior como máximo en cinco anos á esixida, a empresa concertará un contrato simultáneo cun traballador desempregado que cubra, cando menos, a xornada deixada vacante polo traballador que se xubila parcialmente.

Nestes supostos, poderanse alcanzar acordos sobre acumulación de xornadas pendentes de realizar durante o período en que se prolongue a situación de xubilación parcial, co fin de se adaptar ás peculiaridades do sistema de traballo na fábrica.

Posto que na situación de xubilación parcial non se producen prexuízos económicos na prestación de xubilación, non haberá lugar ás compensacións económicas establecidas en convenio para a xubilación anticipada total, á que son de aplicación os coeficientes reductores por idade.

Sección cuarta

Cadros de persoal

Artigo 73º.-Persoal en cadro.

A empresa garante que, como consecuencia da aplicación das diversas xornadas recoñecidas neste convenio, non se producirán reduccións nos actuais cadros de persoal.

Capítulo XI

Incrementos salariais e cláusula de revisión

Artigo 74º.-Cláusula de aumento e revisión salarial.

Os incrementos salariais aplicaranse do xeito seguinte:

Ano 2000: garántese un incremento económico sobre tódolos conceptos económicos do convenio, con excepción da antigüidade consolidada e os novos complementos de xornada a quenda, igual ó índice de prezos ó consumo acumulado do dito ano máis un 0,75 puntos (IPC real+0,75).

A antigüidade consolidada permanecerá conxelada segundo o pactado no acordo de compensación de antigüidade e os novos complementos de convenio teñen un réxime propio de incremento.

Adicionalmente, incrementaranse os valores de salario base de tódalas categorías no importe da compensación de antigüidade correspondente ó quinto e último ano de compensación pactado, que ascende a 18.192 pesetas.

Ano 2001: para o segundo ano de vixencia garántese un incremento sobre os conceptos económicos do convenio do IPC real do ano 2001 incrementado en 0,75 puntos, aplicable sobre tódolos conceptos de convenio con excepción da antigüidade consolidada e os novos complementos de xornada a quenda que se incrementarán no IPC real de cada anualidade de convenio.

Inicialmente aplicarase un incremento económico do IPC previsto na Lei de orzamentos xerais do Estado, adicionado en 0,75 puntos sobre as táboas salariais vixentes o 31-12-2000. (IPC previsto+0,75).

No suposto de que o IPC real o 31-12-2001 resulte superior ó inicialmente previsto, procederase a efectuar unha regularización de modo que se garante, en todo caso, un incremento retributivo igual ó IPC real do ano 2001 máis 0,75 puntos.

No caso de que o IPC acumulado o 31-12-2001 resulte inferior ó inicialmente aplicado, a diferencia entenderase percibida a conta do incremento económico do ano seguinte.

Ano 2002: para o terceiro ano de vixencia garántese un incremento sobre os conceptos económicos do convenio do IPC real do ano máis 0,75 puntos aplicado en idénticas condicións que para o ano 2001.

Ano 2003: para o cuarto ano de vixencia garántese un incremento sobre os conceptos económicos do convenio do IPC real do ano máis 0,5 puntos aplicado en idénticas condicións que para o ano 2002.

Ano 2004: para o quinto ano de vixencia garántese un incremento sobre os conceptos económicos do convenio do IPC real do ano máis 0,5 puntos aplicado en idénticas condicións que para o ano 2003.

Se ó remata-la vixencia do convenio, a inflación prevista do ano 2004 fose inferior á inicialmente prevista e aplicada, o diferencial estimarase a conta do incremento da anualidade seguinte de convenio.

Artigo 75º.-Plan de xubilación.

No ano 1998 acordouse a constitución dun plan de xubilación, instrumentado a través dun contrato colectivo de seguro sobre a vida, que se nutrirá a partir do ano 2001 das achegas seguintes:

a) A empresa realizará unha contribución do 1,5% do importe dos salarios base e a garantía ad personam dos traballadores que cumpran as condicións de pertenza ó plan acordadas nos estatutos do plan de previsión.

Desta porcentaxe, o 1,25% será de aplicación proporcional, é dicir, aplicable sobre o salario base asignado á súa categoría profesional e o ad personam que, se é o caso, veña percibindo.

O 0,25% restante distribuirase linealmente entre os traballadores que integren o plan de xubilación na data de devengo.

b) Os traballadores contribuirán ó dito fondo, con carácter obrigatorio, cos incrementos económicos do complemento de locomoción dos convenios sucesivos.

Para realiza-la dita contribución partirase dun valor medio de complemento de locomoción igual para tódolos traballadores de Orember, S.A. que para o ano 1995, tomado como ano base, ascendía a 8.393 pesetas (50,44 A).

No ano 2001 o importe actualizado do complemento medio de locomoción ascende a 10.263 pesetas (61,68 A) que unha vez aplicada a fórmula que se detalla a seguir supón unha achega de 1.714 pesetas (10,30 A) rateada en doce meses.

(Valor ano actual-Valor ano base)x11

= achega mensual

12

Para os traballadores con data de antigüidade inferior a tres anos na empresa, calcularase a contribución mensual que constitúe o incremento económico do complemento de locomoción e imputaráselle a cada traballador.

Cando o traballador cumpríse os tres anos de servicios ininterrompidos na empresa, a achega acumulada durante este período xuntarase ó fondo de xubilación.

No suposto de que se produza a extinción da súa relación laboral antes dos tres anos, percibirá en efectivo a contía imputada que será incluída en liquidación da súa baixa na empresa.

c) Así mesmo, os traballadores poderán contribuír voluntariamente coas cantidades que desexen, de conformidade co disposto no artigo 15 dos estatutos do plan, podendo para iso autoriza-la empresa a practica-lo desconto na nómina. A partir do ano 2002, a achega deberá ser múltiplo de 6 cun mínimo de 18 A de achega mensual equivalente a 2.995 pesetas.

Igualmente, poderán realizar achegas periódicas ou extraordinarias mediante domiciliación bancaria, nos termos recollidos nos estatutos do plan de xubilación.

Artigo 76º.-Aplicación da revisión salarial.

As condicións económicas fixadas neste convenio comezarán a figurar na nómina do mes de xaneiro de 2001. Os atrasos devengados por cada traballador aboaranse en nómina independente no mes seguinte á sinatura do presente convenio.

Artigo 77º.-Complemento ad personam.

Os complementos ad personam incrementaranse, e se é o caso, regularizaranse na contía que corresponda segundo o disposto no artigo 75º.

Disposiciones adicionales

Primeira.-Aqueles traballadores que veñen percibindo contías en concepto de complemento de locomoción superiores ás determinadas nas táboas de con

venio, a partir do 1 de xaneiro de 2002, percibirán o exceso sobre elas en concepto de complemento ad personam consolidado, conforme a fórmula seguinte:

(Importe individual:importe de táboas)x11

12

Segunda.-Ámbalas partes acordan incorporar ós estatutos do plan de xubilación as modificacións pactadas no presente convenio, polo que se instará a comisión de seguimento e control do plan de previsión para que subscriba a acta correspondente co fin de que os estatutos reflictan os acordos pactados na negociación colectiva.

Disposiciones transitorias

Primeira.-Co fin de pasar de forma progresiva do actual cómputo de xornada continuada de sete horas e media de traballo efectivo, con media hora de descanso, ó novo cómputo de traballo efectivo de sete horas e coranta e cinco minutos, con quince minutos de descanso, ámbalas partes acordan o seguinte calendario de implantación:

-No ano 2001 continuarase co cómputo diario de sete horas e trinta minutos, con media hora de descanso en cada xornada.

-No ano 2002 traballaranse sete horas e trinta e cinco minutos de xornada efectiva, con vintecinco minutos de descanso.

-No ano 2003 traballaranse sete horas e corenta minutos de xornada efectiva, con vinte minutos de descanso.

-No ano 2004 traballaranse sete horas e corenta e cinco minutos de xornada efectiva, con quince minutos de descanso.

Segunda.-Na mesma medida en que se vaia reducindo o exceso de xornada, a razón de cinco minutos cada ano, irase incorporando unha terceira parte do complemento de continuidade de producción, co fin de que os traballadores non vexan reducidos os seus actuais igresos.

Terceira.-A implantación dos novos sistemas de traballo en continuo será progresiva durante a vixencia deste convenio, en función das necesidades e tendo en conta a dificultade na incorporación e formación de novo persoal na empresa.

Cuarta.-Ámbalas partes acordan estudiar unha fórmula negociada de substitución dos incentivos á xubilación establecidos no artigo 72º do presente convenio por unha achega ó plan de xubilación, pactando un réxime transitorio que permita ós traballadores que na data do 31 de decembro de 2001 teñan feitos 58 ou máis anos, poidan mante-lo seu dereito ás compensacións por xubilación anticipada.

Mentres non se alcance o dito acordo, os incentivos á xubilación anticipada continuarán en vigor nos seus propios termos, asumíndose o compromiso de externalización no prazo regulamentariamente establecido.

Quinta.-Ata o momento en que sexa aprobada a regulación do contrato para a formación no convenio sectorial da madeira, o salario que percibirá o aprendiz será do 80 e o 90 por cento da categoría de axudante, o primeiro e segundo ano respectivamente.

Disposición derradeira

Bilingüismo.

Para tódolos efectos serán idiomas oficiais o galego e o castelán.

En Ourense o 13 de setembro de 2001.

ANEXO I

Táboas salariais ano 2001

Orember, S.A.

CategoríasSalario mesSalario díaSalario ano

-Persoal fabricación
Peón112.4053.6971.626.680
Peón especialista113.3063.7251.639.000
Capataz de peóns115.5863.8021.672.880
Axudante115.5863.8021.672.880
Oficial segunda119.2753.9221.725.680
Oficial primeira127.1984.1851.841.400
Xefe de equipo150.3164.9442.175.360
Xefe de quenda153.9875.0642.228.160
Encargado de sección157.6495.1852.281.400

-Persoal mantemento
Aprendiz 87.6122.8821.268.080
Oficial de terceira121.6234.0001.760.000
Oficial de segunda130.9864.3051.894.200
Oficial de primeira143.1774.7092.071.960
Xefe de equipo164.8645.4232.386.120
Xefe de taller209.4316.8843.028.960
Xefe de mantemento232.0077.6293.356.760

-Persoal subalterno
Dep. econ./pesad./orden.115.4623.7961.670.240
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo120.5933.9651.744.600
Conductor mecánico127.8794.2061.850.640

-Persoal administrativo
Aspirante102.4953.3701.482.800
Auxil./telfon./mecang.115.3473.7961.670.240
Oficial de segunda134.8704.4331.950.520
Oficial de primeira148.8074.8932.152.920
Xefe166.1425.4612.402.840
Xefe administrativo202.0296.6422.922.480

-Persoal técnico
Analista115.4633.7971.670.680
Delineante134.7854.4321.950.080
ATS134.7854.4321.950.080
Perito151.9064.9952.197.800
Técnico proxectista154.6715.0812.235.640
Licenciado/enxeñeiro202.0296.6422.922.480

ANEXO II

Táboas de horas extras ano 2001

Orember, S.A.

CategoríasHora normalHora extraHora fest./noct.

-Persoal fabricación
Peón 8581.5011.718
Peón especialista 8731.5191.735
Capataz de peóns 8771.5361.760
Axudante 8771.5361.760
Oficial segunda 9201.6081.833
Oficial primeira 9781.7161.963
Xefe de equipo1.1351.9902.271
Xefe de quenda1.1652.0392.330
Encargado de sección1.1942.0892.384

CategoríasHora normalHora extraHora fest./noct.

-Persoal mantemento
Aprendiz 6461.1201.283
Oficial de terceira 9211.6101.841
Oficial de segunda 9941.7401.992
Oficial de primeira1.0961.9232.199
Xefe de equipo1.2812.2382.557
Xefe de taller1.6092.8163.221
Xefe de mantemento1.8203.1823.634

-Persoal subalterno
Dep. econ./pesad./orden. 8761.5331.754
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo 9281.6231.857
Conductor mecánico1.0071.7602.011

-Persoal administrativo
Aspirante 7551.3211.512
Auxil./telfon./mecang. 8581.4981.715
Oficial de segunda1.0151.7702.024
Oficial de primeira1.1281.9712.257
Xefe1.2622.2112.534
Xefe administrativo1.5452.7013.091

-Persoal técnico
Analista 8551.4951.706
Delineante1.0151.7702.024
ATSValorValorValor
Perito1.1432.0032.291
Técnico proxectista1.1702.0502.343
Licenciado/enxeñeiro1.5452.7013.091

ANEXO III

Complementos de locomoción 2001

Orember, S.A.

Categorías

Xornada

partida

Dúas quendas

Tres quendas

Catro quendas

-Persoal fabricación
Peón6.808 8.896 9.166 9.523
Peón especialista6.808 8.912 9.184 9.541
Capataz de peóns6.829 8.976 9.256 9.614
Axudante6.829 8.976 9.256 9.614
Oficial segunda6.851 9.080 9.368 9.726
Oficial primeira6.858 9.207 9.492 9.849
Xefe de equipo6.989 9.78710.10710.456
Xefe de quenda6.991 9.85010.17410.531
Encargado de sección6.993 9.91510.23310.588

-Persoal mantemento
Aprendiz6.675 8.306 8.545 8.902
Oficial de terceira6.851 9.111 9.392 9.776
Oficial de segunda6.890 9.327 9.627 9.983
Oficial de primeira6.955 9.619 9.93310.291
Xefe de equipo7.03310.08810.42110.777
Xefe de taller7.24111.11811.50511.861
Xefe de mantemento7.36011.65612.07512.432

-Persoal subalterno
Dep. econ./pesad./orden.6.821 8.964 9.235 9.590
Porteiro/vixilante/gar-

da/listeiro/almacenei-

ro/chofer turismo

6.832 9.074 9.356 9.713
Conductor mecánico6.877 9.260 9.558 9.915

-Persoal administrativo
Aspirante6.729 0 0 0
Auxil./telfon./mecang.6.818 0 0 0
Oficial de segunda6.901 0 0 0
Oficial de primeira6.962 0 0 0
Xefe7.048 0 0 0
Xefe administrativo7.235 0 0 0

-Persoal técnico
Analista6.822 0 0 0
Delineante6.901 0 0 0
Perito6.979 0 0 0
Técnico proxectista6.980 0 0 0
Licenciado/enxeñeiro7.235 0 0 0

Os que veñan percibindo un complemento de locomoción superior ó que, para a súa categoría, aparece nesta táboa, verán incrementado o exceso sobre a dita táboa nun 4,75%.