Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/486).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Concheiros, 17.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 382 m de lonxitude, coa orixe na liña subterránea en inmediacións do C.T. Suárez Noya e final no C.T. Concheiros, 17, que se vai instalar.

Centro de transformación en planta baixa edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en rúa Concheiros, 17. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións